ATENCIÓN A TODO O ALUMNADO
Estan dispoñibles na Aula Virtual cursos da meirande parte das materias. Mirade o Abalar e facede a comprobación oportuna aínda que non o vexas nesta lista. É moi importante que o actualicedes e mesmo animedes ás familias a que se den de alta na aplicación abalar se non o están:
- LINGUA GALEGA 3º ESO E 2º BACHARELATO
- XEOGRAFÍA E HISTORIA 1º ESO B/C/D E 2º ESO
- VALORES ÉTICOS 1º E 4º ESO E 1º BACHARELATO A
- FRANCÉS 1º ESO
- EDUCACIÓN FÍSICA 1º E 2º ESO
- MÚSICA DE 2º E 3º ESO, ANALISE MÚSICAL DE 1º BACHARELATO
- COMUNICACIÓN E SOCIEDADE II DE INFORMÁTICA E COMUNICACIÓN II
-
PLÁSTICA DE 3º ESO C E 4º ESO
-
MATEMÁTICAS DE 1°ESO A/B E 4°ESO A
-
LINGUA GALEGA E LITERATURA DE 1 ESO A/B E 4º ESO
- OFIMÁTICA E PROCESO DA INFORMACIÓN DE AF1
- PROGRAMACIÓN DE 1º ESO (Informática-ESO-acceso como convidado)
- LINGUA CASTELÁ DE 2º ESO
- LINGUA CASTELÁ DE 3º ESO E 1º BACHARELATO
- BIOLOXÍA E XEOLOXÍA E PAISAXE E SUSTENTABILIBADE DE 1º DA ESO
Outros recursos:
Espazo Abalar
Aulas Galegas
Aulas galegas é un portal educativo realizado por un colectivo de profesoras e profesores sen ánimo de lucro que ante a situación de illamento provocada polo coronavirus Covid-19 ofrecen unha axuda educativa á sociedade.
Aulas galegas nace para axudar o alumnado, as familias e o resto de profesorado a atopar recursos e materiais educativos en galego. A súa intención é ser unha fonte de recursos que sume no panorama educativo galego.
Aprendemos en casa
RTVE lanza o vindeiro luns ‘Aprendemos en casa’, unha iniciativa do Ministerio de Educación e Formación Profesional para facilitar a educación desde a televisión pública durante o tempo que duren as medidas de illamento para conter o coronavirus.
O luns 23 comezará a emisión deste espazo na franxa de mañá de Clan e na 2, que reforzan así o papel da televisión lineal con este proxecto destinado a toda a poboación, especialmente ás familias con menos recursos, territorios con maiores dificultades de conexión á rede e cidadáns que por motivo das condicións impostas polo illamento teñen problemas para compartir o ancho de banda.
Na 2, de 12 a 16 anos
Na 2, a emisión durará dúas horas ao día (de 12:00 a 14:00) para idades entre 12 e 16 anos. ‘Aprendemos en casa’ de 12 a 14 anos (12:00 a 13:00 horas) e de 14 a 16 anos (13:00 a 14:00 horas).