Iniciar sesión |
Xeografía e historiaVisita Parque Arqueolóxico de Campo Lameiro.Enviado por admin o Mér, 13/10/2021 - 03:29
Saída ao Parque Arqueolóxico de Campo Lameiro.
( categories: )
IV Gala dos Premios á Xuventude - Deputación de PontevedraEnviado por Secretaría o Lun, 21/12/2020 - 06:00
O sábado día 19 celebrouse a IV Gala dos Premios á Xuventude no Pazo Provincial da Deputación de Pontevedra. Os Premios á Xuventude premian os traballos presentados en oito categorías distintas por mozos e mozas da provincia de entre 16 e 35 anos, aínda que no caso do apartado de Educación en Valores están dirixidos especificamente aos centros educativos. Nesta edición o noso centro obtivo o segundo premio neste apartado. Queremos felicitar ás alumnas e alumnos de 4º de ESO do pasado curso 2019/2020 e ao profesorado que coordinou o proxecto Podcast: "Unha historia digna de contar". Nomeadamente queremos destacar o entusiasmo e a organización de Diana e Quique e a colaboración das familias na elaboración destes contidos que podedes volver a experimentar no seguinte enlace: ( categories: )
Visita de 1º ESO ó centro de interpretación do Arte Rupestre.Campolameiro.Enviado por admin o Ven, 08/10/2021 - 05:04
( categories: )
Presentación e síntese didáctica das materias do departamento XeHEnviado por Oscar XeH o Sáb, 03/10/2020 - 14:04
Presentacións e proposta didáctica das materias:
( categories: )
III Olimpíada Galega de HistoriaEnviado por Secretaría o Mar, 14/07/2020 - 07:06
Queremos render unha homenaxe á nosa representación na III Olimpíada Galega de Historia. Antía Novas Arribas, Carla Moital Fernández, Paula Fernández Cruz e Sara Soliño Iglesias formaron o equipo que se denominou Wollstonecraft. Estas campioas de 4º de ESO obtiveron un espectacular cuarto posto a nivel galego no certame organizado pola Universidade de Vigo. Á gala de entrega de premios que se celebrou na Facultade de Historia do Campus de Ourense, acudiron acompañadas pola súa titora/adestradora Diana Vilas Meis. Os nosos parabéns a estas esforzadas deportistas do coñecemento! https://www.laregion.es/articulo/ourense/mas-saben-pasado-suben-podio/20200710225309959278.html
( categories: )
ADAPTACIÓN PROGRAMACIÓN. COVID.Enviado por admin o Xov, 14/05/2020 - 05:17
PREMA NOS ADXUNTOS PARA ACCEDER. ( categories: )
PRESENTACIÓN NO AUDITORIO DE BUEUEnviado por admin o Lun, 29/02/2016 - 08:49
29/02/2016 16:30
29/02/2016 17:25
Etc/GMT+1
Presentación da UNIDADE DIDÁCTICA " A NENEZ GALEGA A TRAVÉS DOS ANTEOLLOS DE CASTELAO" ( categories: )
4º ESO na Pontevedra de CastelaoEnviado por admin o Sáb, 05/12/2015 - 09:26
O xoves día 3 estivemos no Museo de Pontevedra visitando as dúas salas dedicadas a Castelao. Grazas ás fichas que nos deron, confrontamos a moi variada obra plástica deste artista: debuxos (de negros, da guerra, da vida cotiá, etc.), linóleos, cadros, carteis, etc. Ademais disto, tamén había revistas, fondos dixitalizados e ata as máscaras orixinais de Os vellos non deben de namorarse. O equipo de guías do museo estivo en todo momento pendente nosa e axudounos a localizar e entender as diferentes obras. Máis tarde, fomos a unha visita pola zona histórica de Pontevedra, onde o guía, que fixo o paseo moi ameno cunha chea de anécdotas, nos ensinou os espazos que tiñan relación con Castelao e nos fixo comprender moitísimos aspectos do pasado e da evolución da cidade, algúns deles moi pero que moi sorprendentes. Algún quedou ata abraiado ao comprobar o fácil que é "inventar" a historia. Uf, aínda menos mal que non nos choveu! Para ser unha mañá, quedou ben completa.
( categories: )
Presentación no CulturgalEnviado por admin o Xov, 03/12/2015 - 17:44
04/12/2015 19:00
04/12/2015 20:00
Etc/GMT+1
Presentación do libro do noso compañeiro Óscar !
O vindeiro venres 4 de decembro dentro da programación do Culturgal (Feira das Industrias Culturais de Galicia, que se celebra no Pazo da Cultura de Pontevedra), terá lugar ás 19.00 h no Espazo foro a presentación do libro "A nenez galega a través dos anteollos de CASTELAO", dos autores: Diana Vilas Meis, Óscar Rodríguez García, Laura Carpente Tielas e Manuel Rodríguez Conde. Colabora: Gabinete didáctico do Museo de Pontevedra. Publica: Deputación de Pontevedra.
( categories: )
Roteiro CastelaoEnviado por admin o Mar, 01/12/2015 - 19:05
03/12/2015 09:00
03/12/2015 14:25
Etc/GMT+1
En Pontevedra con Castelao
O alumnado de 4º ESO desprazarase este xoves día 3 ata Pontevedra para saber máis deste insigne persoeiro da cultura galega, cuxa obra deben estudar no presente trimestre. Visitarase o espazo Castelao do Museo de Pontevedra, que tanta relación ten co rianxeiro, onde terán a oportunidade de realizar actividades a partir da súa obra gráfica. Máis tarde e acompañados por un guía do Concello, efectuarase o Roteiro Castelao, o cal consiste nun paseo pola parte histórica da cidade visitando todos aqueles lugares relacionados con este pontevedrés de adopción.
( categories: )
|
Eventos
|