Iniciar sesión |
NovasBoxeo - Campionato Nacional de Clubs Abertos 2024Enviado por admin o Mar, 05/11/2024 - 09:05
Durante as datas do 28 de outubro ao 3 de novembro, no pavillón polideportivo Mariano Haro de Palencia, celebrouse o Campionato Nacional de Boxeo de Clubs Abertos 2024. Temos o orgullo de felicitar ao noso alumno Martín Grandío Piñeiro de 1º de ESO por lograr o título de subcampión de España na modalidade de menos de 34 Kg. Con anterioridade a esta competición, no mes de xullo, Martín proclamouse Campión de España por seleccións autonómicas na categoría de menos de 31 kg no torneo celebrado en Almería. Noraboa polos teus logros e ánimo para seguir na Loita!
( categories: )
Libros de texto e material didáctico - Curso 2024/2025Enviado por Secretaría o Xov, 11/07/2024 - 07:47
Publícase a relación de libros de texto e material didáctico que se utilizarán durante o vindeiro curso 2024/2025. Acceda ao ficheiro anexo para coñecer o detalle por niveis e materias de cada recurso: ( categories: )
ED330B - Fondo solidario de libros de texto e axudas para adquirir libros de texto e material escolar 2024/25Enviado por admin o Xov, 23/05/2024 - 03:40
ORDE do 7 de maio de 2024 pola que se regula a participación no fondo solidario de libros de texto e se convocan as axudas para adquirir libros de texto e material escolar destinadas ao alumnado matriculado en educación primaria, educación secundaria obrigatoria e educación especial en centros docentes sostidos con fondos públicos para o curso escolar 2024/25 (código de procedemento ED330B). DOG Núm. 96 do 20 de maio de 2024 As solicitudes presentaranse preferiblemente por vía electrónica no formulario normalizado (Anexos I e II), dispoñible na aplicación informática Fondolibros, a través da Sede Electrónica da Xunta de Galicia. Opcionalmente, poderanse presentar as solicitudes nos centros docentes ou en calquera dos lugares e rexistros establecidos na normativa reguladora do procedemento administrativo común. Para a presentación electrónica de solicitudes poderá empregarse calquera dos mecanismos de identificación e sinatura admitidos pola sede electrónica da Xunta de Galicia, incluíndo o sistema de usuario e Chave365. Así mesmo, a aplicación informática permitiralles aos centros docentes xerar solicitudes unha vez introducidos os datos. Prazo de presentación: 21/05/2024 - 21/06/2024 Resumo de fondo e axudas: O noso centro participa no proxecto E-DIXGAL en todos os níveis da ESO polo que non é posible solicitar o fondo solidario de libros de texto. As familias só poderán solicitar axudas para adquisición de material escolar de acordo cos seguintes criterios:
No ficheiro adxunto indícase a documentación a achegar e o cálculo da renda per cápita.
( categories: )
Taekwondo - Campeonato de España Poomsae e Freestyle 2024Enviado por admin o Lun, 06/05/2024 - 08:25
Nesta fin de semana celebrouse en Monforte de Lemos o Campionato de España Poomsae e Freestyle 2024.
Estos resultados garanten a súa participación no Campionato do Mundo que se celebrará e Hong Kong en decembro deste ano 2024.
A seguinte cita será no Open de Madrid o vindeiro 15 de xuño.
( categories: )
Reservas de praza e admisión de alumnado para o curso 2024/2025Enviado por admin o Xov, 29/02/2024 - 07:46
Reservas de praza e admisión de alumnado para o curso 2024/2025
f) Prazo de presentación de solicitudes de admisión: do 1 de marzo ao 20 de marzo de 2024 Documentación para a presentación
Deste xeito, garántese o dereito da cidadanía ao acceso electrónico aos servizos públicos, mantendo tamén a posibilidade de presentar esta solicitude de forma presencial. ( categories: )
IV Gala dos Premios á Xuventude - Deputación de PontevedraEnviado por Secretaría o Lun, 21/12/2020 - 06:00
O sábado día 19 celebrouse a IV Gala dos Premios á Xuventude no Pazo Provincial da Deputación de Pontevedra. Os Premios á Xuventude premian os traballos presentados en oito categorías distintas por mozos e mozas da provincia de entre 16 e 35 anos, aínda que no caso do apartado de Educación en Valores están dirixidos especificamente aos centros educativos. Nesta edición o noso centro obtivo o segundo premio neste apartado. Queremos felicitar ás alumnas e alumnos de 4º de ESO do pasado curso 2019/2020 e ao profesorado que coordinou o proxecto Podcast: "Unha historia digna de contar". Nomeadamente queremos destacar o entusiasmo e a organización de Diana e Quique e a colaboración das familias na elaboración destes contidos que podedes volver a experimentar no seguinte enlace: ( categories: )
INFORMACIÓN ÁS FAMILIAS.Enviado por admin o Lun, 14/09/2020 - 11:28
Estimadas familias,
• Respectar aforos: en todas as dependencias do centro están sinalados os aforos permitidos. O alumnado deberá respectar estes aforos e esperar quenda. • Hixiene e desinfección das instalacións: intensificouse o servizo de limpeza, incorporando persoal no servizo da mañá.
( categories: )
|
Eventos
|