Iniciar sesión |
ActividadesFITOFALADOIROEnviado por admin o Xov, 16/06/2022 - 19:09
Durante este curso 2021-2022 o noso centro participou no proxecto Fitofaladoiro Ons, incluído dentro do Plan Proxecta, cuxo obxectivo principal consistiu en facer unha labor de investigación sobre o tipo de vexetación da nosa contorna máis próxima. O ámbito familiar e veciñal foi unha das principais fontes de información acerca dos nomes e diferentes usos das plantas, que os propios rapaces e rapazas rexistraron nun herbario. A concienciación da importancia de preservar o noso patrimonio e do proveito da memoria colectiva así como o fomento do uso do galego, foron outros dos obxectivos que promoveron as actividades incluídas no proxecto. ( categories: )
RADIO ONSEnviado por admin o Lun, 19/01/2015 - 12:49
Os alumnos de 4º ESO entrevistando a Dani, ex alumno do centro.
Os alumnos de 2º e 3º da ESO entrevistando ao seu monitor da Semana Branca en Leitariegos :Marcos. Os alumn@s de 3º C ESO entrevistando a Hugo, ex alumno do centro e visitante de platós televisivos en RADIO ONS Venres día 27 de febreiro de 2015. Os alumn@s de 3º ESO facendo radio ONS
Os alumn@s de 2º ESO entrevistando a Guillerme do grupo "QUEMPALLOU" :
Os alumn@s de 3º A xunto coa profe Teté e a colaboración especial de Raquel :
Entrevista dos alumnos de 4º ESO á profesora Olga.
Entrevista dos alumnos de 4º ESO á profesora Yolanda.
Enttevista dos alumnos de 1ºA á Yudani, alumna de 4º ESO. ( categories: )
RADIO ONSEnviado por admin o Lun, 01/12/2014 - 12:04
Entrevista realizada polos alumnos de 1º B a profesora Ana.
Entrevista realizada polos alum@s de 3º C ó músico de Bueu Marcos Campos
Entrevista realizada polos alumn@s de 3º B a profesora Teté
Entrevista realizada polos alumn@s de 3º A ó profesor Oscar
Entrevista ó alcalde de Bueu Félix Juncal, realizada polo alumnado de 4º ESO.
Entrevista ó xefe de estudos do IES José Luís realizada polos alumnos de 2º B .
( categories: )
Regueifando no ILLA de ONSEnviado por admin o Mér, 26/04/2017 - 18:11
27/04/2017 12:00
27/04/2017 13:30
Etc/GMT+1
O xoves 27 estarán Pinto de Herbón e Lois " O Caruncho" impartindo un taller de regueifas co alumnado de 2º ESO e 3º ESO. ( categories: )
17 de MAIO. LETRAS GALEGASEnviado por admin o Mér, 18/05/2016 - 17:30
O alumnado do noso centro participou o Domingo 15 de maio no acto de entrega dos premios Johan Carballeira, representando unha pequena montaxe moi vistosa.
O acto celebrouse no Centro Social de Bueu. Noraboa a Teté, Moisés e ao alumnado.
( categories: )
Talleres de xornalismo na escola.Enviado por admin o Xov, 03/03/2016 - 18:34
04/03/2016 09:20
04/03/2016 13:25
Etc/GMT+1
O venres día 4 de marzo o alumnado de 3º de ESO e 4º de diversificación participarán en dous talleres de xornalismo na escola. O taller será impartido polo xornalista Víctor Sariego do colexio de xornalistas de Galicia. ( categories: )
4º ESO na Pontevedra de CastelaoEnviado por admin o Sáb, 05/12/2015 - 09:26
O xoves día 3 estivemos no Museo de Pontevedra visitando as dúas salas dedicadas a Castelao. Grazas ás fichas que nos deron, confrontamos a moi variada obra plástica deste artista: debuxos (de negros, da guerra, da vida cotiá, etc.), linóleos, cadros, carteis, etc. Ademais disto, tamén había revistas, fondos dixitalizados e ata as máscaras orixinais de Os vellos non deben de namorarse. O equipo de guías do museo estivo en todo momento pendente nosa e axudounos a localizar e entender as diferentes obras. Máis tarde, fomos a unha visita pola zona histórica de Pontevedra, onde o guía, que fixo o paseo moi ameno cunha chea de anécdotas, nos ensinou os espazos que tiñan relación con Castelao e nos fixo comprender moitísimos aspectos do pasado e da evolución da cidade, algúns deles moi pero que moi sorprendentes. Algún quedou ata abraiado ao comprobar o fácil que é "inventar" a historia. Uf, aínda menos mal que non nos choveu! Para ser unha mañá, quedou ben completa.
( categories: )
Roteiro CastelaoEnviado por admin o Mar, 01/12/2015 - 19:05
03/12/2015 09:00
03/12/2015 14:25
Etc/GMT+1
En Pontevedra con Castelao
O alumnado de 4º ESO desprazarase este xoves día 3 ata Pontevedra para saber máis deste insigne persoeiro da cultura galega, cuxa obra deben estudar no presente trimestre. Visitarase o espazo Castelao do Museo de Pontevedra, que tanta relación ten co rianxeiro, onde terán a oportunidade de realizar actividades a partir da súa obra gráfica. Máis tarde e acompañados por un guía do Concello, efectuarase o Roteiro Castelao, o cal consiste nun paseo pola parte histórica da cidade visitando todos aqueles lugares relacionados con este pontevedrés de adopción.
( categories: )
|
Eventos
|