Iniciar sesión |
OrientaciónVISITA ALUMNADO 6º EDUCACIÓN PRIMARIAEnviado por silvia o Ven, 07/06/2024 - 04:33
07/06/2024 10:19
Europe/Madrid
VISITA ALUMNADO 6º EDUCACIÓN PRIMARIA O mércores, 5 de xuño, tivemos a visita do alumnado que cursará 1º ESO no noso centro. Acudiron acompañados das súas titoras e da orientadora e compartiron parte da xornada co noso alumnado. Visitaron as estancias do IES , tiveron unha charla sobre a nova etapa onde puideron resolver as dúbidas e realizaron un taller de chapas coa profesora de Educación Plastica.
Vémonos en setembro !!!
( categories: )
EDUGALEnviado por silvia o Mar, 10/10/2023 - 05:55
12º SALÓN DE EDUCACIÓN E FORMACIÓN DE GALICIA 2023
O pasado xoves 5 de outubro visitamos co alumnado de 4º ESO o 12º Salón de Educación e Formación de Galicia, no recinto feiral de Pontevedra. Un salón que axuda aos estudantes a decidir o seu futuro formativo e profesional a través dunha ampla oferta de centros educativos e formativos, empresas e entidades que tratan de dar resposta ás súas necesidades de formación.
( categories: )
Charla Navega Con RumboEnviado por admin o Mar, 27/11/2018 - 18:13
05/12/2018 13:35
05/12/2018 14:25
Etc/GMT+1
Charla dirixida ó alumnado de 1º e 2º ESO sobre a utilización segura e correcta de internet. ( categories: )
VISITA AO IES A PARALAIAEnviado por silvia o Ven, 18/05/2018 - 04:59
16/05/2018 10:00
Etc/GMT+1
VISITA AO IES A PARALAIA O mércores, 16 de maio, visitamos cos alumnos/as de 4º ESO e 3º ESO do PMAR o IES A Paralaia de Moaña. Alí puidemos ver como se traballa nos talleres dos ciclos de Formación Profesional. Pareceunos moi interesante todo o que nos explicaron e amosaron nos ciclos de:
CM INSTALACIÓNS ELÉCTRICAS E AUTOMÁTICAS
CM MECANIZADO
( categories: )
XII CONCURSO DE VIÑETA E ILUSTRACIÓN "A IGUALDADE NO TRABALLO"Enviado por silvia o Ven, 23/03/2018 - 05:43
09/03/2018 12:00
Atlantic/Bermuda
XII CONCURSO DE VIÑETA E ILUSTRACIÓN "A IGUALDADE NO TRABALLO"
Co gallo da Conmemoración, do día 8 de marzo de 2018, Día Internacional da Muller, o Centro de Información ás Mulleres do Concello de Bueu, convocou entre o alumnado do derradeiro ciclo de Educación Primaria, ESO e Bacharelato, o XII concurso de viñeta e ilustración baixo a temática "A igualdade no Traballo". O obxectivo é sensibilizar ao alumnado sobre a desigualdade laboral entre os homes e as mulleres. Entre os alumnos/as premiados tivo unha mención especial unha alumna de 1º de ESO do noso centro; Iria Rodríguez Iglesias. A entrega de premios tivo lugar o 9 de marzo ás 12:00h no Centro Social do Mar.
( categories: )
CHARLA SOBRE A UNIVERSIDADE DE VIGOEnviado por silvia o Xov, 01/02/2018 - 08:18
18/01/2018 12:45
18/01/2018 13:35
Etc/GMT+1
CHARLA SOBRE A UNIVERSIDADE DE VIGO O xoves 18 de xaneiro tivo lugar unha charla sobre a Universidade de Vigo dirixida ao alumnado de 4º de ESO.
O obxectivo da mesma era dar a coñecer a Universidade de Vigo e as súas titulacións ao estudantado que teña interese en acceder á mesma. Nela os alumnos obtiveron información sobre os seguintes temas:
( categories: )
TALLERES SOBRE DROGODEPENDENCIAS.Enviado por admin o Xov, 25/01/2018 - 04:14
15/02/2018 11:55
15/02/2018 12:45
Etc/GMT+1
REXURDIR impartirá no noso centro un taller sobre drogodependencias ó alumnado de 1º de ESO.
TALLERES SOBRE PREVENCIÓN DE DROGAS
Comezarán no centro uns talleres sobre prevención de drogas. Serán un total de cinco talleres, na hora de titoría, dirixidos ao alumnado de 1º de ESO e impartidos pola Asociación Rexurdir. DATAS: 18 e 25 de xaneiro. 1 e 15 de febreiro. 8 de marzo. A través dos mesmos preténdese facer reflexionar ao alumnado sobre o concepto que teñen das drogas, aclarar as dúbidas ao respecto, estimular a súa capacidade crítica, que sexan conscientes da influencia da presión social...todo isto coa finalidade de desenvolver a capacidade de tomar decisións de forma autónoma e introducilos nas técnicas de persuasión para evitar situacións de risco coas que non estén de acordo.
( categories: )
TALLERES SOBRE PREVENCIÓN DE DROGASEnviado por silvia o Lun, 09/01/2017 - 05:34
15/02/2017 11:55
15/02/2017 12:45
Etc/GMT+1
TALLERES SOBRE PREVENCIÓN DE DROGAS
O xoves 12 de Xaneiro comezarán no centro uns talleres sobre prevención de drogas. Serán un total de cinco talleres, na hora de titoría, dirixidos ao alumnado de 1º de ESO e impartidos pola Asociación Rexurdir. A través dos mesmos preténdese facer reflexionar ao alumnado sobre o concepto que teñen das drogas, aclarar as dúbidas ao respecto, estimular a súa capacidade crítica, que sexan conscientes da influencia da presión social...todo isto coa finalidade de desenvolver a capacidade de tomar decisións de forma autónoma e introducilos nas técnicas de persuasión para evitar situacións de risco coas que non estén de acordo.
( categories: )
XIV CONCURSO DE CARTEIS "CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO"Enviado por silvia o Xov, 01/12/2016 - 07:06
01/12/2016 06:42
Etc/GMT+1
Día Internacional da Non Violencia contra a Muller Co gallo da Conmemoración, do día 25 de Novembro de 2016, Día Internacional da Non Violencia contra a Muller, un ano mais, participamos no concurso de carteis sobre "A Violencia de Xénero" organizado polo Centro de Información ás Mulleres. Os carteis feitos polo alumnado están espostos no centro e un deles recibiu unha mención especial, foi o de Antía Novas Arribas, que cursa 1º de ESO.
O día 25 de Novembro asistimos a unha concentración silenciosa diante do Concello e logo no Centro Social do Mar foi a entrega dos premios aos gañadores/as.
( categories: )
XORNADA DE PORTAS ABERTASEnviado por silvia o Mar, 31/05/2016 - 07:03
31/05/2016 07:32
Etc/GMT+1
XORNADA DE PORTAS ABERTAS O martes, 31 de maio, tivemos a visita do alumnado de 6º de Educación Primaria, que para o vindeiro curso estará matriculado en 1º de ESO no noso IES.
Ensinámoslles o centro e participaron en diversas representacións organizadas polo noso alumnado. O ximnasio
O rocódromo
A aula de educación plástica
A aula de tecnoloxía
O laboratorio
Xa no salón de actos, disfrutaron das representacións musicais dos nosos alumnos/as, e participaron nunha batucada.
Asistiton a un baile organizado polas alumnas.
Foi un pracer recibirvos .Esperámosvos a tod@s en setembro !!!!!
( categories: )
|
Eventos
|