Iniciar sesión |
OrientaciónCharla Navega con RumboEnviado por admin o Lun, 02/05/2016 - 05:04
03/05/2016 11:55
03/05/2016 12:45
Etc/GMT+1
O martes día 3 de maio de 2016 teremos unha charla informativa impartida por un enxeñeiro informático para explicarlles aos alumn@s a utilización responsable e segura de internet. Os alumnos de 1º e 2º da ESO asistirán en horario de 11,55 ata 12,45h.
( categories: )
Obradoiros de drogodependenciasEnviado por admin o Lun, 02/05/2016 - 03:11
02/05/2016 11:55
02/05/2016 17:40
Etc/GMT+1
A Concellaría de Obradoiros sociais, voluntariado e mocidade e infancia do Concello de Bueu organiza no noso centro uns obradoiros sobre drogodependencias dirixido ao alumnado de 2º, 3º 3 4º de ESO. A psicóloga Amalia Piedras impartirá as charlas durante varias sesións cunha duración de 2 horas por grupo. ( categories: )
Riscos de internetEnviado por silvia o Mar, 05/04/2016 - 04:08
11/04/2016 10:00
11/04/2016 11:30
Etc/GMT+1
RISCOS DE INTERNET A maioría dos adolescentes que fan uso das novas tecnoloxías non son consciente dos riscos que conlevan.
O vindeiro luns 11 de Abril, en horario de 10:00 a 11:25 h, terá lugar unha charla impartida por membros de Garda Civil, para o alumnado de 1º e 2º da ESO, sobre as novas tecnoloxías, os riscos de internet e o acoso escolar a través das mesmas.
( categories: )
CONCURSO "A IGUALDADE NO TRABALLO"Enviado por silvia o Xov, 10/03/2016 - 07:47
10/03/2016 07:31
Etc/GMT+1
X Concurso de viñeta e ilustración "A igualdade no traballo"
Co gallo da conmemoración do día 8 de marzo, Día Internaciónal da Muller. O Centro de Información ás Mulleres do concello de Bueu, convocou entre o alumnado do 3º ciclo de Educación Primaria, ESO e Bacharelato, o X concurso de viñeta e ilustración baixo a temática “A IGUALDADE NO TRABALLO”. O obxectivo é sensibilizar ao alumnado acerca da situación laboral da muller. Entre os alumnos/as premiados tivo unha mención especial a alumna Marta Vidal Entenza, que cursa 1º ESO. Este ano ademais tocoulle ao noso centro inaugurar o acto celebrado no Centro Social do Mar e para tal motivo alumnos/as de 1º de ESO fixeron unha representacion sobre esta temática. Foi todo un éxito e recibiron os alagos de tódolos asistentes.
( categories: )
Talleres para as familias "como educar na adolescencia"Enviado por admin o Lun, 07/03/2016 - 04:30
( categories: )
TALLERES SOBRE A PREVENCIÓN DE DROGASEnviado por silvia o Mar, 12/01/2016 - 06:39
03/02/2016 09:23
Etc/GMT+1
TALLERES SOBRE PREVENCIÓN DE DROGAS
O mércores 13 de Xaneiro comezarán no noso centro os talleres sobre prevención de drogas. Serán un total de cinco talleres, un á semana, dirixidos ao alumnado de 1º de ESO e impartidos pola Asociación Rexurdir. A través dos mesmos preténdese facer reflexionar ao alumnado sobre o concepto que teñen das drogas, aclarar as dúbidas ao respecto, estimular a súa capacidade crítica, que sexan conscientes da influencia da presión social...coa finalidade de desenvolver a capacidade de tomar decisións de forma autónoma e introducilos nas técnicas de persuasión para evitar situacións de risco coas que non estén de acordo. ( categories: )
CHARLA PREVENCIÓN VIOLENCIA DE XÉNEROEnviado por silvia o Mér, 16/12/2015 - 05:44
17/12/2015 09:55
17/12/2015 13:39
Etc/GMT+1
CHARLA PREVENCIÓN DA VIOLENCIA DE XÉNERO
O xoves, 17 de decembro teremos no centro unha charla impartida pola Garda Civil, sobre a violencia de xénero. Terá lugar no salón de actos e asistirá todo o alumnado da ESO. De 9:40 a 11:25 1º e 2º da ESO. De 11:55 a 13:35 3º e 4º da ESO. ( categories: )
NON A VIOLENCIA DE XÉNEROEnviado por silvia o Ven, 30/10/2015 - 07:39
20/11/2015 11:55
20/11/2015 13:35
Etc/GMT+1
CONCURSO: "NON Á VIOLENCIA DE XENERO”
Un ano mais vamos a participar no concurso de carteis organizado polo CIM (Centro de Información ás Mulleres), que se convoca entre os centros de Educación Primaria, ESO e Bacharelato do Concello de Bueu. O seu obxectivo é acadar unha maior sensibilización social nos escolares na prevención e erradicación dos comportamentos violentos contra as mulleres.
Os alumnos/as premiados serán convocados para a recollida de premios no Centro Social de Mar nun emotivo acto no que estarán presentes, entre outros, o equipo de goberno do Concello de Bueu.
TALLERES SOBRE “IGUALDADE DE XÉNERO E
PREVENCIÓN DA VIOLENCIA"
Como complemento doutras actividades que levemos a cabo no centro, terán lugar unha serie de talleres sobre "a igualdade de xénero e prevención da violencia", impartidos pola psicóloga do CIM, que serán levados a cabo con todo o alumnado do centro nas seguintes datas:
Luns 9 Novembro
1ºA 10:30 - 11:20h
1ºB 09:40 - 10:30h
Martes 10 Novembro
4ºA 09:40 - 10:30h
4ºB 10:30 - 11:20h
Mércores 18 Novembro
3ºA 09:40 - 10:30h
3ºB 10:30 - 11:20h
Venres 20 Novembro
2ºA 12:45 - 13:35h
2ºB 11:55 - 12:45h
( categories: )
XORNADA DE PORTAS ABERTASEnviado por silvia o Lun, 01/06/2015 - 06:00
01/06/2015 06:46
Etc/GMT+1
XORNADA DE PORTAS ABERTAS O luns 1 de xuño temos a xornada de portas abertas co alumnado de 6º de Educación Primaria que cursará, o vindeiro curso 2015/2016, 1º de ESO no noso centro. Recibimos, acompañados das súas titoras, ou nalgúns casos das familias, alumnos/as dos CEIPs adscritos; de Cela e Beluso, así coma alumnos/as do CEIP A Pedra e o CEIP de Ardán. Actuaron como guías catro alumnos/as do noso centro de 1º de ESO que foron os encargados de amosarllo. Pola tarde, ás 17:45h, serán recibidas ás familias.
Vémonos en Setembro¡¡¡¡
( categories: )
VISITA IES DE RODEIRA E IES A PARALAIAEnviado por silvia o Ven, 24/04/2015 - 07:14
21/04/2015 10:00
Etc/GMT+1
VISITA IES DA ZONA O pasado martes 21 de Abril visitamos co alumnado de 4º de ESO e 3º de PDC o IES de Rodeira(Cangas) e o IES A Paralaia (Moaña). Alí vimos os talleres onde se levan a cabo os seus Ciclos Formativos e tanto o profesorado como o alumnado que os cursa nos explicaron detidamente en que consiste o seu traballo. Nos queda pendente a visita ao IES Johan Carballeira.
CICLO MEDIO DE INSTALACIÓNS DE TELECOMUNICACIÓNS (IES RODEIRA)
CICLO SUPERIOR DE ADMINISTRACIÓN DE SISTEMAS INFORMÁTICOS EN REDE (RODEIRA)
CICLO MEDIO DE MECANIZADO (IES A PARALAIA)
CICLO MEDIO DE INSTALACIÓNS ELÉCTRICAS E AUTOMÁTICAS (A PARALAIA)
( categories: )
|
Eventos
|