Iniciar sesión |
OrientaciónCharla "NAVEGA CON RUMBO"Enviado por admin o Xov, 16/01/2014 - 08:28
27/01/2014 16:40
27/01/2014 17:40
Etc/GMT+1
O día 27 de Xaneiro terá lugar no salón de actos do centro unha charla informativa impartida por Julio Mosquera, técnico designado polo Colexio Profesional de Enxeñaría en Informática e a Xunta de Galicia para impartir o seminario vinculado co Plan Navega con Rumbo, no que se trata de aportarlles aos alumnos, pais e profesores distintas pautas, conceptos e prácticas no emprego das novas tecnoloxías, e sobre todo no emprego da Internet, e tendo en conta os perigos e prácticas ilícitas existentes.
A charla dura aproximadamente 1 hora. ( categories: )
XORNADAS TDAH DO MORRAZOEnviado por silvia o Xov, 09/01/2014 - 06:03
24/01/2014 16:00
25/01/2014 14:30
Etc/GMT+1
XORNADAS TDAH DO MORRAZO
VENRES 24 DE XANEIRO de 16h -21h SÁBADO 25 DE XANEIRO de 09:30h - 14:30h
Lugar de realización: Auditorio de Cangas do Morrazo
COLABORAN:
XUNTA DE GALICIA; Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria Consellería de Sanidade
DEPUTACIÓN DE PONTEVEDRA
CONCELLO DE CANGAS DO MORRAZO
Para inscribirse nestas xornadas pode facerse a través do seguinte enlace
( categories: )
Charla sobre acoso escolar e novas tecnoloxíasEnviado por silvia o Lun, 16/12/2013 - 05:59
19/12/2013 11:55
19/12/2013 13:35
Etc/GMT+1
PLAN DIRECTOR PARA A CONVIVENCIA E A MELLORA DA SEGURIDADE NOS CENTROS EDUCATIVOS E NOS SEUS CONTORNOS
Este xoves 19 de decembro teremos no centro unha charla impartida por membros da garda civil sobre: Acoso Escolar (consecuencias do acoso escolar nos que o padecen, así como da responsabilidade de todos de denuncialo e combatelo),
e sobre Novas tecnoloxías (riscos de seguridade asociados ás novas tecnoloxías a ao uso de redes sociais). Participará todo o alumnado da ESO. Primeiro (de 11:55-12:45) 1º e 2º ESO e despois (12:45 a 13:35) 3º e 4º ESO. ( categories: )
CHARLA AS FAMILIAS SOBRE TDAH (TRASTORNOS POR DEFICIT DE ATENCIÓN E HIPERACTIVIDADE)Enviado por admin o Mar, 03/12/2013 - 06:04
03/12/2013 19:30
03/12/2013 21:30
Etc/GMT+1
Charla informativa a familias e interesados sobre o TDAH ( categories: )
XORNADAS DE PORTAS ABERTAS NO IESEnviado por silvia o Mér, 05/06/2013 - 06:18
04/06/2013 10:00
04/06/2013 11:30
Etc/GMT+1
O luns, 3 de Xuño, tivemos unha xornada de portas abertas para ás familias do alumnado que ven o vindeiro curso para o noso centro. O martes, 4 de Xuño, recibimos ao alumnado dos CEIPs adscritos; CEIP Montemogos e CEIP A Torre-Cela. Tamén nos visitaron alumnos/as do CEIP A Pedra que cursarán 1º ESO no noso centro. Esta é a vindeira promoción- Esperámosvos en setembro.
O alumnado de 2º ESO, dirixidos polo profesor de música, ofrecéronlles un pequeno concerto.
Visitaron unha aula de 1º ESO para que viran como se traballa co proxecto Abalar.
Visitaron o pabellón deportivo e algúns/as amosaron ás súas destrezas no rocódromo. ( categories: )
VISITA AO IES DE RODEIRA E IES A PARALAIAEnviado por silvia o Mér, 17/04/2013 - 05:17
16/04/2013 00:30
16/04/2013 14:25
Etc/GMT+1
O martes 16 de abril fomos co alumnado de 4º de ESO a visitar o IES de Rodeira (Cangas) e o IES A Paralaia (Moaña). Visitamos os talleres onde se levan a cabo os Ciclos de FP. En Rodeira vimos o CM de Equipos electrónicos de consumo e o CS de Sistemas de telecomucicación e informáticos. En Moaña visitamos as aulas onde se imparte o CM de Xestión administrativa e os talleres do CM de Equipos e instalacións electrotécnicas e o CM de Mecanizado. ( categories: )
VII CONCURSO DE VIÑETA "A IGUALDADE NO TRABALLO"Enviado por silvia o Mar, 12/03/2013 - 05:21
08/03/2013 12:00
08/03/2013 12:45
Etc/GMT+1
Co gallo da Conmemoración do día 8 de marzo, Día Internacional da Muller, o Centro de Información ás Mulleres do Concello de Bueu, convocou un ano máis, entre o alumnado dos CEIPs e IES da zona, un concurso de viñeta e ilustración baixo a temática "A igualdade no Traballo". No noso centro recibiu unha mención especial polo seu traballo a alumna de 1º ESO Marta Vidal Patiño. A entrega de premios tivo lugar o venres 8 de marzo ás 12:00 h da mañán no Concello.
( categories: )
III XORNADAS ORIENTACIÓN ACADÉMICA E PROFESIONALEnviado por silvia o Xov, 14/02/2013 - 05:28
20/02/2013 00:30
21/02/2013 13:15
Etc/GMT+1
III XORNADAS DE ORIENTACIÓN ACADÉMICA E PROFESIONAL organizada polos IES dos Concellos de Bueu, Cangas, Moaña e o CPI de Vilaboa. Terán lugar os días 20 e 21 de Febreiro en horario de 9:30h a 13:15h no Auditorio de Cangas. O día 19 será a presentación no Concello de Cangas das Xornadas. ( categories: )
OBRADOIROS PREVENCIÓN DE DROGODEPENDENCIASEnviado por silvia o Mar, 08/01/2013 - 04:58
15/01/2013 00:40
19/02/2013 10:30
Etc/GMT+1
O martes 15 de Febreiro comezan os Obradoiros da Asociación Rexurdir sobre Prevención de Drogodependencias. Serán 5 sesións por grupo e terán lugar nas horas de titoría. martes 15-22-29- Xaneiro e 5-19 Febreiro - 3ºA ESO xoves 17-24-31- Xaneiro e 7-14 Febreiro - 4º ESO e 1ºB ESO venres 18-25 Xaneiro e 1-8-15 Febreiro - 2ºA ESO, 3ºB ESO, 2ºB ESO e 1ºA ESO
( categories: )
Charla Navega con RumboEnviado por admin o Lun, 07/01/2013 - 15:05
14/01/2013 11:55
Etc/GMT+1
O día 14 teremos unha charla informativa impartida por un enxeñeiro informático para explicarlles aos alumn@s a utilización responsable e segura de internet. ( categories: )
|
Eventos
|