Educación física e deportiva

Boxeo - Campionato Nacional de Clubs Abertos 2024

Enviado por admin o Mar, 05/11/2024 - 09:05

Durante as datas do 28 de outubro ao 3 de novembro, no pavillón polideportivo Mariano Haro de Palencia, celebrouse o Campionato Nacional de Boxeo de Clubs Abertos 2024.

Temos o orgullo de felicitar ao noso alumno Martín Grandío Piñeiro de 1º de ESO por lograr o título de subcampión de España na modalidade de menos de 34 Kg.

Con anterioridade a esta competición, no mes de xullo, Martín proclamouse Campión de España por seleccións autonómicas na categoría de menos de 31 kg no torneo celebrado en Almería.

Noraboa polos teus logros e ánimo para seguir na Loita!

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

Podium

Taekwondo - Campeonato de España Poomsae e Freestyle 2024

Enviado por admin o Lun, 06/05/2024 - 08:25

Nesta fin de semana celebrouse en Monforte de Lemos o Campionato de España Poomsae e Freestyle 2024.
Non podemos por menos que felicitar a nosa alumna Nuria Rodríguez Iglesias polos éxitos alcanzados neste encontro deportivo:

  • Campioa de España na categoría Freestile quinteto mixto 12-17 anos.
  • Subampioa  de España na categoría Freestile individual feminino 12-17 anos.

Estos resultados garanten a súa participación no Campionato do Mundo que se celebrará e Hong Kong en decembro deste ano 2024.
Aproveitamos a ocasión para felicitar tamén a súa irmá e exalumna Iria Rodríguez Iglesias polo seu logro deportivo:

  • Campioa de España na categoría Freestile quinteto mixto 18 anos.

A seguinte cita será no Open de Madrid o vindeiro 15 de xuño.
Parabéns e a seguir loitando!

 

Viaxe á Neve

Enviado por admin o Xov, 11/01/2024 - 06:37
22/01/2024 06:00
26/01/2024 20:00
Etc/GMT+1

 

Estadía de 5 días na estacións invernal de Leitariegos.

Dirixido ao alumnado de 2º e 3º ESO.

Rafting no río Miño

Enviado por toño o Mar, 06/06/2023 - 16:16
06/06/2023 22:08
Etc/GMT+2

E unha vez máis voltamos ó Miño para rematar o curso. Desta volta foron 21 participantes de 3º e 4º os que decidiron pasar a tarde do venres 2 de xuño metidos na auga. Que xentiña!!

Este si que é un bo xeito de ir rematando o curso, non??

Escalando en rocha

Enviado por toño o Xov, 18/05/2023 - 11:57
16/05/2023 17:52
Etc/GMT+2

E por fin, dende antes da Covid, o martes 16 de maio voltamos a Donón. Porque unha cousa é o rocódromo e outra cousa é escalar en rocha.

Aquí tedes a Gabriel tentando superar un paso complicado

E aquí a Vítor coas illas Cíes ó fondo

En fin, unha boa xornada de escalada e o grupo ó completo

Asturies 2023

Enviado por toño o Lun, 15/05/2023 - 17:05
24/04/2023 09:00
Etc/GMT+1

O caso foi que cando quixemos ir á neve xa non foi posible, porque xa non había. Así que cambiamos de plan e marchamos a Asturies do 24 ó 28 de abril a facer un combinado de actividades na natureza. Fixemos un pouco de todo.

Comezamos coa bicicleta pola Senda do Oso

Continuamos co descenso do Sella en canoa

Despois metémonos co descenso de barrancos

Para descansar un pouco fomos a un parque de árbores

E rematamos con algo de espeleoloxía na cova de "el Pandu"

Esas foron as actividades principais, pero aínda tivemos tempo para algunha cousa máis.

Visitamos os cantís de Pría

E a cova de Cobijeru

E atravesamos "la Cuevona" para visitar a aldea de Cueves

E tamén fixemos algo de turismo por Ribadesella e Xixón

A ver se para o ano si que podemos ir á neve, pero este rendémolo ben, non??

 

Competindo no rocódromo

Enviado por toño o Lun, 08/05/2023 - 15:56
08/05/2023 21:48
Etc/GMT+1

Nestes últimos recreos tivo lugar no noso ximnasio unha pequena competición de escalada. Tras a fase inicial na que participaron 10 alumn@s de 4º, pasaron á fase final tres. Tiveron que superar dúas vías  do rocódromo sumándose os tempos empregados para cada unha. Finalmente a clasificación quedou así:

1º Gabriel Barros Arosa.

2º Víctor Vidal Verde.

3º Rubén Antonio Viu García

Parabéns para tod@s e moitas grazas por participar.

A VOLTAS COA ESCALADA

Enviado por toño o Mar, 21/03/2023 - 17:38
21/03/2023 23:24
Etc/GMT+1

O alumnado de 4º segue sacando partido ó asunto da escalada. Aproveitando o aprendido no manexo de cordas e aparatos diversos, chegou o momento de ascender por corda aplicando o uso de bloqueadores empregada en espeleoloxía. E non se lles da nada mal!!

Aquí tedes a Emma toda chea a uns 6m de altura

E aquí está Alba no medio da faena e observada polas compañeiras dicindo "e esta tola que fai aí enriba??"

Por outra banda outros pelexan no rocódromo para sacar os pasos máis complexos, anque sexa escasamente a dúas cuartas do chan. Mirade a Alberto tentando solucionar o asunto e a Mateo e Marcos sen perder detalle

E aquí está Adrián situándose antes de pasar a latosa columna.

E claro, todos atentos para quedarse coa solución ó problema (se é que o consigue, claro...). Carla, que foi a primeira en conseguilo pensa: "Pero que raio fai este? A que agarda para cambiar o pé esquerdo??"

Pois á volta de S. Santa haberá que facer un torneo de escalada, non??

Torneo Tenis de Mesa

Enviado por toño o Mar, 28/02/2023 - 16:22
28/02/2023 22:16
Etc/GMT+1

Rematou o torneo de Tenis de Mesa deste curso. Anque a participación nesta edición non foi moi elevada o nivel si que estivo á altura do noso insti. 

O resultado final deixounos a seguinte clasificación:

1º Iván Santaclara Novo

2º Xoel Portela Germade

3º Xavi Iglesias Piñeiro

(Mención de honra para a profe Marián que conseguíu chegar á final anque preferíu non figurar na clasificación definitiva)

Recreos Deportivos!!

Enviado por toño o Mér, 15/02/2023 - 17:04
15/02/2023 22:52
Etc/GMT+1

Parece que o bo tempo anima á rapazada do Illa de Ons. Boa proba dela é o alto número de alumnado que pasa os recreos facendo deporte. Botade unha ollada ás fotos. 

Uns no baloncesto

Outros no fútbol

Outros no voleibol

Tenis de mesa

e escalada

Todo no mesmo recreo!! Sonche xente movida esta rapazada, ou non??

 

 

Distribuir contido