Educación física e deportiva

Neve no Courel

Enviado por toño o Dom, 29/01/2023 - 17:29
29/01/2023 22:57
Etc/GMT+2

Un ano máis o alumnado do noso centro fixo acto de presenza nas montañas do Courel. Coma noutras ocasións o noso centro de operacións foi o albergue de Folgoso e alí estivemos do 25 ó 27 de xaneiro.

E claro, nada máis chegar procedimos a invadir a vila

Subimos ó monte Formigueiros que cos seus 1641m é o teito do Courel. Aquí estamos collendo folgos...

E aquí xa chegamos á cima, rebentados, pero chegamos!!

Tamén percorrimos a Devesa da Rogueira, fermoso bosque atlántico de acivros, faias e teixos.

E chegamos á Fonte do Cervo que co frío que facía estaba conxelada

No albergue pasamos as noites entre xogos

Visitamos unha fervenza

E, anque nolo puxo moi difícil, acabamos entrando na Cova da Ceza, verdadeiro motivo da nosa viaxe.

Para rematar visitamos o Cebreiro como non podía ser doutro xeito. Nevando!!

TAEKWONDO

Enviado por toño o Xov, 15/12/2022 - 16:59
15/12/2022 22:41
Etc/GMT+1

Entre os días 3 e 6 de decembro tivo lugar en Alacante o "Campionato de España de Taekwondo por clubes 2022"

E nese campionato participou a nosa querida alumna Nuria Rodríguez Iglesias de 3ºA acadando dúas medallas:

  • Bronce en freestyle individual  -17
  • Ouro en freestyle quinteto  +12

Dende o Illa de Ons a nosa noraboa e moito ánimo para seguir practicando taekwondo. Parabéns Nuria!!

Nota: se revisades o historial desta páxina veredes que Nuria segue a tradición familiar pois xa a súa irmá Iria amosaba o seu alto nivel no mundo do taekwondo coa súa participación no Campionado de España no ano 2021...

Andaina Ermelo - Paralaia

Enviado por toño o Dom, 09/10/2022 - 06:04
09/10/2022 11:45
Etc/GMT+1

Anque inicialmente programada para o día 19 de setembro, o pasado 3 de outubro tivo lugar a tradicional andaina co alumnado de 1º polos montes de Ermelo e a Paralaia. Acompañados por un grupo de 7 profesores e coa participación case completa do novo alumnado, a xornada transcorreu sen incidencias e desfrutando dun día propio do verán.

Aquí os tedes, camiño da Paralaia. Había fame e subían con gañas de chegar para xantar.

E aquí están, coa ría de Vigo ás costas.

Despois de xantar comezamos o descenso a carón do río Bispo

E xa chegando a Bueu, pasando por algúns muíños

 

 

Esquiando en Leitariegos!!

Enviado por toño o Dom, 13/03/2022 - 17:03
13/03/2022 22:55
Etc/GMT+1

Despois de dous anos de parón a causa da pandemia, a nosa rapazada volveu desfrutar da neve na estación invernal de Leitariegos. Desta volta participaron 56 alumn@s (1/3 do noso centro!!), bastantes máis que ningún outro ano. Aquí van algunhas fotos:

Semana Branca 2022

Enviado por toño o Xov, 10/02/2022 - 15:58
10/02/2022 21:49
Etc/GMT+1

A tres semanas da viaxe a Leitariegos a principal preocupación é que teñamos neve. A día de hoxe a estación está funcionando e anque só hai neve nas pistas principais, impártense cursos con certa normalidade. Aquí vai unha foto do martes 8 (hai 2 días)

E na previsión metereolóxica parece que poida haber nevadas entre o domingo  13 e o luns 14.

Como vedes hai posibilidade de nevada neses días a partir de 1000-1100m de altitude, e a estación está entre os 1500m e os 1800m.

A ver se temos sorte. Ánimo rapaces!!

 

 

RAFTING NO MIÑO

Enviado por toño o Mér, 08/06/2022 - 16:12
31/05/2022 17:00
Etc/GMT+1

E voltamos á normalidade post-COVID retomando o tradicional rafting de final de curso. Despois de 2 anos acudimos á nosa cita anual co  río, o "pai Miño" para desfrutarmos coas súas augas e co seu verdor.

E alí estaba o alumnado de 3º e 4º do Illa de Ons cumprindo co ritual

Berrando, cantando e saltando ó río

 

 

Roteiro polo Monte Faro de Domaio

Enviado por toño o Lun, 23/05/2022 - 17:25
23/05/2022 23:18
Etc/GMT+1

O pasado 13 de maio o alumnado de 1º saíu de novo ó monte. O autobús deixounos no Chan da Armada e dende alí camiñamos ata o Chan da Arquiña e ós seus miradoiros.

Tamén nos achegamos ó miradoiro do monte Faro de Domaio

No Courel

Enviado por toño o Sáb, 02/04/2022 - 07:47
02/04/2022 13:33
Etc/GMT+1

Despois de dous anos de parón voltamos ó Courel. Os pasados 30, 31 de marzo e 1 de abril, o alumnado de 4º achegouse alá para practicar espeleoloxía e algo de montaña nesta fermosa serra. Mirádeos xusto antes de entrar na cova de Cortiñas

E mirádeos agora xusto ó saír un par de horas despois. Xa non están tan limpiños, verdade?

Ademais de coñecer o Courel baixo terra, tamén chegaron ó mais alto, ó cume do pico Formigueiros, que cos seus 1639m é o teito do Courel. Reparade ben na foto. Non é que sexan formaliños, o que pasa é que están conxelados. Facía un frío!!!

E aí van descendendo cara a mítica Devesa da Rogueira. 

RCP no Illa de Ons

Enviado por toño o Lun, 21/03/2022 - 16:24
21/03/2022 22:18
Etc/GMT+1

O noso alumnado de 3º e 4º non para!! Agora están empeñados en salvar vidas. Mira ti que cousa!! E para iso nada mellor que practicar, practicar e practicar sen descanso. Aquí tedes a algúns de 4º en plena faena

E tamén estes de 3º

 

En 2022 tamén escalamos!!

Enviado por toño o Lun, 21/03/2022 - 16:05
21/03/2022 21:54
Etc/GMT+1

Por suposto que escalamos!! Un ano máis o alumnado de 4º subiu polas paredes. E como subían!! Mirade senón esta imaxe con Víctor no máis alto do noso rocódromo, e sen mans Sorprendido

Tamén ó máis alto chegou Laura, sen medo, e demostrando o nivelassso das rapazas do Illa de Ons. Mirade, mirade

E aquí tedes ó dúo que máis enganchou coa escalada: Pablo e Víctor. Estes non perderon oportunidade. Menudo par de Ghabeators!!

E todo con moita seguridade, como nos demostra Víctor. Que profesional!!

Distribuir contido