Iniciar sesión |
Andaina Ermelo - ParalaiaEnviado por toño o Dom, 09/10/2022 - 07:04
09/10/2022 11:45
Etc/GMT+1
Anque inicialmente programada para o día 19 de setembro, o pasado 3 de outubro tivo lugar a tradicional andaina co alumnado de 1º polos montes de Ermelo e a Paralaia. Acompañados por un grupo de 7 profesores e coa participación case completa do novo alumnado, a xornada transcorreu sen incidencias e desfrutando dun día propio do verán. Aquí os tedes, camiño da Paralaia. Había fame e subían con gañas de chegar para xantar. E aquí están, coa ría de Vigo ás costas. Despois de xantar comezamos o descenso a carón do río Bispo E xa chegando a Bueu, pasando por algúns muíños
( categories: )
|
Eventos
|