Iniciar sesión |
No CourelEnviado por toño o Sáb, 02/04/2022 - 08:47
02/04/2022 13:33
Etc/GMT+1
Despois de dous anos de parón voltamos ó Courel. Os pasados 30, 31 de marzo e 1 de abril, o alumnado de 4º achegouse alá para practicar espeleoloxía e algo de montaña nesta fermosa serra. Mirádeos xusto antes de entrar na cova de Cortiñas E mirádeos agora xusto ó saír un par de horas despois. Xa non están tan limpiños, verdade? Ademais de coñecer o Courel baixo terra, tamén chegaron ó mais alto, ó cume do pico Formigueiros, que cos seus 1639m é o teito do Courel. Reparade ben na foto. Non é que sexan formaliños, o que pasa é que están conxelados. Facía un frío!!! E aí van descendendo cara a mítica Devesa da Rogueira. ( categories: )
|
Eventos
|