Iniciar sesión |
Educación física e deportivaSENDEIRISMO - CABO HOMEEnviado por Anónimo o Mér, 01/06/2016 - 16:33
03/05/2016 09:23
03/05/2016 17:23
Etc/GMT+1
O pasado 3 de maio fixemos disfrutamos dunha nova andaina co alumnado de 1º ESO. Nesta ocasión comezamos en Vilanova-Aldán, subimos ó Facho de Donón e continuamos ata Cabo Home onde nos dimos o 1º baño da temporada na praia de Melide e xantamos no pinar. Unha boa xornada na compaña da boa xente do IES ILLA DE ONS. Penúltima andaina do alumnado de 1º deste curso. Aínda queda unha máis, e será a mellor!!! ( categories: )
TORNEO DE FLOORBALLEnviado por Anónimo o Mér, 01/06/2016 - 16:20
01/06/2016 20:12
Etc/GMT+1
O pasado día 30 de maio tiveron lugar as finais do torneo de Floorball. Dende mediados do mes de maio víñase celebrando nos recreos este emocionante torneo no ximnasio do noso centro. Aquí tedes ós finalistas do torneo. Na foto de enriba están os de 1º e 2º cursos e na de debaixo os finalistas de 3º e 4º. O torneo foi todo un éxito que creou moita expectación durante os recreos. Todo saíu moi ben e non houbo feridos de gravidade... Moitas grazas a todos os participantes!! ( categories: )
CAMPEONATO DE ESCALADAEnviado por Anónimo o Mér, 06/04/2016 - 17:33
06/04/2016 21:24
Etc/GMT+1
O pasado venres día 1 de abril tivo lugar o II campeonato de escalada do noso centro. Nesta ocasión participaron 5 alumnos de 4º curso. Aquí tedes, de esquerda a dereita Pedro, André, Alba, Tania e José Manuel. Grazas a todos por participar. Por certo, que das fotos se encargaron dous antigos alumnos Agustín e Adán, que non quixeron perderse este evento. Grazas tamén a eles. ( categories: )
TORNEO TENIS DE MESAEnviado por Anónimo o Xov, 03/12/2015 - 16:14
03/12/2015 20:08
03/12/2015 20:08
Etc/GMT+1
Acaba de rematar o torneo de tenis de mesa. Coma sempre moito nivel e bastante participación. Algúns dos finalistas son xa vellos coñecidos deste torneo ó longo destes anos. Vese que levan o ping-pong no seu ADN. Aquí tendes ós finalistas diante do noso rocódromo en plena de pintado. ( categories: )
XOGOS TRADICIONAISEnviado por Anónimo o Ven, 27/11/2015 - 16:40
26/11/2015 09:00
04/12/2015 14:25
Etc/GMT+1
Nestes días de novembro temos no instituto un bo feixe de xogos tradicionais. Trátase dun préstamo que nos fai a asociación de xogos tradicionais de Bueu. Mirade que ben o pasan os nosos alumnos do Illa de Ons: ( categories: )
ROCÓDROMOEnviado por Anónimo o Ven, 27/11/2015 - 16:23
27/11/2015 20:13
Etc/GMT+1
Quizais non o saibades pero o departamento de plástica con Olalla á fronte máis o alumnado de 4ºB están decorando o rocódromo do ximnasio. A idea é reproducir 3 obras do autor estadounidense Keith Haring para darlle ó noso rocódromo un pouco de alegría. Aquí tedes unhas fotos para que vaiades vendo como progresan os traballos. ( categories: )
SENDEIRISMO - UDRAEnviado por Anónimo o Ven, 27/11/2015 - 16:01
13/11/2015 09:00
Etc/GMT+1
A actividade de sendeirismo a Cabo Udra foi todo un éxito. Tivemos un bo día e poidemos disfrutar do paseo, das praias e da visita guiada polo entorno da aula da natureza. Estes alumnos de 1º son uns fenómenos. Na praia de Mourisca fixemos torres humanas e carreiras de cabalos. Mirade que fotos máis guapas. ( categories: )
SENDEIRISMO - UDRAEnviado por Anónimo o Lun, 09/11/2015 - 14:05
13/11/2015 09:00
13/11/2015 16:30
Etc/GMT+1
O vindeiro venres 13 terá lugar unha nova actividade co alumnado de 1º curso. Volveremos a exercitar as nosas pernas percorrendo a rota de sendeirismo que nos levará do instituto ó Cabo Udra. Alí os monitores da Aula da Natureza guiarannos polo cabo explicándonos particularidades botánicas, xeolóxicas e faunísticas deste valioso enclave. Despois de xantar voltaremos camiñando de novo ó instituto, onde remataremos a actividade. Colgaremos algunha foto en canto sexa posible. ( categories: )
REMANDO NO INSTITUTO!!Enviado por Anónimo o Lun, 09/11/2015 - 13:58
09/11/2015 17:49
Etc/GMT+1
Os pasados días 5 e 6 de novembro tivemos a visita de algúns membros do club de remo da nosa vila. Ademais dunha charla acompañada dun interesante audiovisual poidemos probar a nosa habilidade como remeiros nuns aparellos chamados "remoergómetros" nos que se practica o remo "en seco". Aquí van un par de fotos: Por certo que o rapaz de vermello que vedes no centro é Óscar, antigo alumno do noso centro e remeiro de alto nivel na actualidade. A ver se despois desta visita se animan algúns alumnos e alumnas a practicar o fermoso deporte do remo. ( categories: )
VISITA ÁS MÁMOAS DE CASTIÑEIRASEnviado por Anónimo o Dom, 18/10/2015 - 15:34
01/10/2015 09:00
01/10/2015 14:00
Etc/GMT+1
O pasado día 1 de outubro tivo lugar a primeira actividade deste curso 2015-16. Foi organizada polos departamentos de Xeografía e Historia e Educación Física en colaboración co concello e consistiu nunha visita guiada ás excavacións das mámoas do polígono industrial de Castiñeiras. Alí os nosos alumno/as de 1º tiveron a ocasión de seguir as explicacións do encargado das excavacións. Para completar a xornada, fixemos unha rota de sendeirismo pola Serra da Madalena dende onde tivemos unhas magníficas vistas do val de Coiro e tamén da ría de Aldán. Esta foi a primeira das moitas actividades que os nosos novos alumnos de 1º terán ó longo dos vindeiros 4 anos no IES "ILLA DE ONS". Que as disfruten!! ( categories: )
|
Eventos
|