TORNEO DE FLOORBALL

Enviado por Anónimo o Mér, 01/06/2016 - 17:20
01/06/2016 20:12
Etc/GMT+1

O pasado día 30 de maio tiveron lugar as finais do torneo de Floorball. Dende mediados do mes de maio víñase celebrando nos recreos este emocionante torneo no ximnasio do noso centro.

Aquí tedes ós finalistas do torneo. Na foto de enriba están os de 1º e 2º cursos e na de debaixo os finalistas de 3º e 4º.

O torneo foi todo un éxito que creou moita expectación durante os recreos. Todo saíu moi ben e non houbo feridos de gravidade...

Moitas grazas a todos os participantes!!