4º ESO na Pontevedra de Castelao

Enviado por admin o Sáb, 05/12/2015 - 09:26

O xoves día 3 estivemos no Museo de Pontevedra visitando as dúas salas dedicadas a Castelao. Grazas ás fichas que nos deron, confrontamos a moi variada obra plástica deste artista: debuxos (de negros, da guerra, da vida cotiá, etc.), linóleos, cadros, carteis, etc. Ademais disto, tamén había revistas, fondos dixitalizados e ata as máscaras orixinais de Os vellos non deben de namorarse. O equipo de guías do museo estivo en todo momento pendente nosa e axudounos a localizar e entender as diferentes obras.

Máis tarde, fomos a unha visita pola zona histórica de Pontevedra, onde o guía, que fixo o paseo moi ameno cunha chea de anécdotas, nos ensinou os espazos que tiñan relación con Castelao e nos fixo comprender moitísimos aspectos do pasado e da evolución da cidade, algúns deles moi pero que moi sorprendentes. Algún quedou ata abraiado ao comprobar o fácil que é "inventar" a historia.

Uf, aínda menos mal que non nos choveu! Para ser unha mañá, quedou ben completa.