Novas

Hackatón en Silleda

Enviado por Secretaría o Xov, 11/04/2019 - 04:51

A Asociación Galega de Reporteiros Solidarios volveu escoller Silleda para celebrar o seu hackaton con alumnos de cinco institutos galegos. Un hackaton é un evento colaborativo, un intercambio de ideas, que se realiza nun curto espazo de tempo. O de onte durou pouco máis de sete horas e permitiu que un centenar de rapaces dese renda solta á súa creatividade para deseñar memes, gifs e outros elementos moi usados en internet cos que poder combater as noticias falsas e os discursos xenófobos que circulan nos últimos tempos polas redes sociais.

Enlace RTVG

Enlace Faro de Vigo

( categories: )

Charla "NAVEGA CON RUMBO"

Enviado por admin o Xov, 16/01/2014 - 08:28
27/01/2014 16:40
27/01/2014 17:40
Etc/GMT+1
O día 27 de Xaneiro terá lugar no salón de actos do centro unha charla informativa impartida por  Julio Mosquera,  técnico designado polo Colexio Profesional de Enxeñaría en Informática e a Xunta de Galicia para impartir  o seminario vinculado co Plan Navega con Rumbo, no que se trata de aportarlles aos alumnos, pais e profesores distintas pautas, conceptos e prácticas no emprego das novas tecnoloxías, e sobre todo no emprego da Internet, e tendo en conta os perigos e prácticas ilícitas existentes.
 

A charla dura aproximadamente 1 hora.

( categories: )
Distribuir contido