2º Curso

EpDLab xunto coa ONGD Agareso no IES ILLA de ONS

Enviado por admin o Mér, 29/04/2020 - 14:28
29/04/2020 19:27
29/05/2020 19:27
Etc/GMT+1

https://www.edu.xunta.gal/centros/iesillaons/node/459

 

( categories: )

EpDLab xunto coa ONGD Agareso no IES ILLA de ONS

Enviado por admin o Mér, 29/04/2020 - 14:25

A crise da Covid-19 tronzou pola metade a quinta edición do Laboratorio de Educación para o Desenvolvemento (EpDLab) (https://epdlab.gal/), un proxecto de innovación educativa e cambio social que desenvolvemos no IES Illa de Ons, xunto coa ONGD Agareso (https://www.agareso.org), co obxectivo de educar en valores e incrementar o pensamento crítico do noso alumnado.

Ao longo de 9 sesións (unha ao mes), o alumnado de 2ºA estivo traballando este curso cuestións como o sexismo, o racismo ou a xenofobia ao tempo que explora conceptos como a obxectividade e a subxectividade, a ficción e a non-ficción ou as fake-news en fotografía, cine e series, redes sociais, canles de youtube... Cada mes, abordamos unha temática concreta a través da súa representación nos medios e coñecemos as técnicas, os recursos narrativos que fan posible que ese imaxinario mediático se integre no cultural e, polo tanto, na sociedade en si mesma.

O peche dos centros de ensino impediunos celebrar nas aulas os últimos obradoiros, nos que tiñamos previsto achegar ao alumnado do proxecto a realidade de mozas e mozos da República Dominicana e traballarmos man a man con elas e eles conceptos como medio ambiente, consumo responsable e economía solidaria ou cooperación internacional, voluntariado, activismo e cambio social. Pero a distancia física non ten porque ser tamén social e pedagóxica, así que o equipo do proxecto apostou por trasladar os contidos e metodoloxías presenciais á contorna dixital, creando actividades on-line de participación asincrónica, con dinámicas gamificadas e recursos interactivos. 

A primeira actividade, que nos achega a realidade da rapazada da República Dominicana a través de videocartas, xa está dispoñible na plataforma Moodle Cloud. Podedes botarlle un ollo aquí https://bit.ly/epdlab_online, empregando bueu como nome de usuario e como contrasinal. Nas seguintes semanas iremos pendurando os outros obradoiros que tiñamos pendentes, coa vontade de que o profesorado que queira empregar estes novos recursos poida facelo libremente. Se vos parece interesante e queredes empregar algunha das actividades co voso alumnado, só tedes que contactar con organizacion@agareso.org.

O EpDLab está deseñado e desenvolvido polo equipo técnico de Agareso e financiado por Cooperación Galega. Podedes coñecer máis sobre o proxecto nesta reportaxe que publicou o xornal dixital Praza Pública (https://vinte.praza.gal/artigo/adolescentes-que-reflexionan-sobre-a-desi...) ou no artigo Narrativas Dixitais para potenciar la creatividade, la participación y el pensamento crítico en la ensinanza obrigatoria, publicado no Congreso Internacional sobre Aprendizaje, Innovación y Cooperación (CINAIC). https://www.agareso.org/wp-content/uploads/2019/10/EpDLab-CINAIC19.pdf

( categories: )

Hackatón en Silleda

Enviado por Secretaría o Xov, 11/04/2019 - 04:51

A Asociación Galega de Reporteiros Solidarios volveu escoller Silleda para celebrar o seu hackaton con alumnos de cinco institutos galegos. Un hackaton é un evento colaborativo, un intercambio de ideas, que se realiza nun curto espazo de tempo. O de onte durou pouco máis de sete horas e permitiu que un centenar de rapaces dese renda solta á súa creatividade para deseñar memes, gifs e outros elementos moi usados en internet cos que poder combater as noticias falsas e os discursos xenófobos que circulan nos últimos tempos polas redes sociais.

Enlace RTVG

Enlace Faro de Vigo

( categories: )
Distribuir contido