Reservas de praza e admisión de alumnado para o curso 2024/2025
a) Normativa reguladora do procedemento de reserva e admisión.
- Decreto 13/2022, do 3 de febreiro (DOG Núm. 29 do 11/02/2022)
- Orde do 21 de outubro de 2022 (DOG Núm. 212 do 08/11/2022)
b) Prazo de presentación das solicitudes de reserva.
O CEIP Plurilingüe Montemogos e o CEIP Plurilingüe Torre – Cela están adscritos ao noso Instituto de Ensino Secundario.
As solicitudes de reserva serán presentadas en cada centro adscrito desde o 15 de xaneiro ao 06 de febreiro de 2023.
c) A data de publicación de alumnado con praza reservada será o 22 de febreiro.
d) Para anular unha reserva, deberase presentar unha solicitude no centro de adscrición con data límite do 28 de febreiro.
e) Postos escolares ofertados:
O CEIP Plurilingüe Montemogos e o CEIP Plurilingüe Torre – Cela están adscritos ao noso Instituto de Ensino Secundario.
Todas as súas reservas de praza foron admitidas e xa están asignadas para o vindeiro curso.
As prazas vacantes para a admisión de alumnado son as detalladas a continuación:
Curso
|
Grupos
|
Prazas
|
Vacantes
|
1º ESO
|
2
|
54+6 NEAE
|
27
|
2º ESO
|
2
|
60
|
19
|
3º ESO
|
2
|
60
|
17
|
4º ESO
|
2
|
60
|
23
|
f) Prazo de presentación de solicitudes de admisión: do 1 de marzo ao 20 de marzo de 2024
Documentación para a presentación
- Solicitude segundo o Anexo II da orde.
- Anexo II-bis (Comprobación de datos dos membros computables da unidade familiar e consentimento da outra persoa proxenitora, titora ou acolledora)
- Copia do DNI, NIE ou pasaporte da alumna ou alumno que solicite praza.
- Copia do libro de familia ou documento equivalente onde figure o/a alumno/a e os demais membros computables da unidade familiar.
- No caso de separación ou divorcio, sentenza xudicial de separación ou divorcio e/ou convenio regulador onde conste a custodia do menor.
(Para realizar as copias da documentación requirida, é preferible achegar os orixinais).
Cómpre lembrar que a Consellería de Educación pon á disposición das familias unha ferramenta informática, a aplicación “AdmisionAlumnado”, que posibilita que os proxenitores cubran a solicitude na aplicación, marquen os criterios do baremo que, chegado o caso, queiran que se lles valoren, e poidan presentala de forma presencial no centro, ou por vía electrónica a través da propia aplicación.
Deste xeito, garántese o dereito da cidadanía ao acceso electrónico aos servizos públicos, mantendo tamén a posibilidade de presentar esta solicitude de forma presencial.
Ademais, as familias poderán consultar o estado de tramitación da solicitude nas distintas fases do procedemento utilizando o código que xera a aplicación ao cumprimentar a solicitude, xunto co DNI do proxenitor ou proxenitora asinante.
g) A área de influenza do IES Illa de Ons é a suma das áreas do CEIP Plurilingüe Montemogos e do CEIP Plurilingüe Torre – Cela.
h) O IES Illa de Ons oferta transporte escolar gratuíto para aquel alumnado que resida dentro das súas áreas de influenza.
i) Publícase como anexo o calendario do procedemento cos diferentes prazos para cada un dos diferentes pasos.
j) Información complementaria:
- Todo o alumnado incluído no ámbito desta orde poderá presentar solicitude de admisión, pedindo ata seis (6) centros por orde de preferencia, e alegar os criterios de admisión que pretenda que se lle valoren. Esta solicitude de admisión dirixirase ao centro solicitado en primeiro lugar.
Despois de presentar unha solicitude de admisión, para renunciar a ela deberá facerse expresamente, indicándoo no recadro correspondente da nova solicitude que deberá presentarse.
- O alumnado que teña prioridade para continuar estudos nun centro de adscrición pode exercer o seu dereito á reserva de praza presentando solicitude de reserva no centro adscrito, isto é, no que está matriculado nese momento, e identificará o centro de adscrición que solicita.
- En todo caso, a solicitude de reserva ou de admisión é única para cada alumno/a e ten carácter vinculante. A súa presentación implica que son certos os datos indicados nela. A existencia dunha solicitude de admisión presentada en prazo sen renunciar expresamente á anterior e, así mesmo, a existencia dunha solicitude de admisión sen ter renunciado á praza reservada a 28 de febreiro (este incluído) poderán ser causa de perda do dereito a participar no procedemento nos termos previstos no artigo 8 da citada orde.