4º Curso

III Olimpíada Galega de Historia

Enviado por Secretaría o Mar, 14/07/2020 - 07:06

Queremos render unha homenaxe á nosa representación na III Olimpíada Galega de Historia.

Antía Novas Arribas, Carla Moital Fernández, Paula Fernández Cruz e Sara Soliño Iglesias formaron o equipo que se denominou Wollstonecraft.

Estas campioas de 4º de ESO obtiveron un espectacular cuarto posto a nivel galego no certame organizado pola Universidade de Vigo.

Á gala de entrega de premios que se celebrou na Facultade de Historia do Campus de Ourense, acudiron acompañadas pola súa titora/adestradora Diana Vilas Meis.

Os nosos parabéns a estas esforzadas deportistas do coñecemento!

https://www.lavozdegalicia.es/noticia/ourense/ourense/2020/07/11/pandemia-historia/0003_202007O11C12991.htm

https://www.farodevigo.es/portada-ourense/2020/07/11/premio-olimpico-alumnos-galicia-historia/2312575.html

https://www.laregion.es/articulo/ourense/mas-saben-pasado-suben-podio/20200710225309959278.html

 

VIAXE Á SERRA DO COUREL

Enviado por Anónimo o Lun, 20/10/2014 - 16:32
22/10/2014 09:00
24/10/2014 19:30
Etc/GMT+1

Coma en anos anteriores volvemos ó Courel. Os vindeiros días 22,23 e 24 de outubro disfrutaremos duns días de pleno contacto coa natureza na nosa querida montaña luguesa. Nesta ocasión introducimos algúns cambios na actividade. Por unha banda pasaremos alí non unha, senón dúas noites. Isto vainos permitir integrarnos máis na cultura courelá e facer algo máis de actividade: a visita o "Pregamento de Campodola" e ó Museo Xeolóxico de Quiroga. Pola outra despois de varios anos visitando a Cova da Ceza, nesta ocasión probaremos o deporte da espeleoloxía na cova de Cortiñas que anque non ten río dentro ofrécenos máis formacións calizas no seu interior. Coma sempre, ademais do fermoso deporte das profundidades, visitaremos a Devesa da Rogueira, subiremos ó monte Formigueiros e lembraremos o deporte da carreira de orientación practicado en 3º cunha proba de orientación nocturna. Por suposto visitaremos a localidade do Cebreiro. Mañá martes remataremos os preparativos durante a clase de E.F. e o mércores  de mañá marcharemos os 22 participantes (19 alumnos e 3 profes) cara as terras de Novoneyra. O éxito da actividade está asegurado.

 

ESCALADA EN DONÓN

Enviado por Anónimo o Mér, 24/04/2013 - 16:30
23/04/2013 00:00
23/04/2013 18:30
Etc/GMT+1

Un ano máis saímos a Donón a escalar. Despois de mes e medio de duro traballo de escalada no ximnasio do centro, o alumnado de 4º disfrutou dunha xornada completa en contacto coa natureza escalando en rocha. Alí puxeron en práctica todo o traballo de interior no rocódromo do noso ximnasio: poñerse correctamente o arnés, encordarse co nó de oito, asegurar ó compañeiro, rapelar, manexar correctamente os elementos de retención (oito e gri-gri), así como todo o aprendido sobre a técnica eficaz de desprazamento na vertical ó escalar. A xornada foi dura pero mereceu a pena. Esperemos que todo isto sirva non só para crear afición por este fermoso deporte  senón tamén para que todos valoremos máis o importante entorno natural que nos rodea.

Para ver  todas as fotos preme na ligazón seguinte:

http://www.edu.xunta.gal/centros/iesillaons/galeria/thumbnails.php?album=32

Distribuir contido