Skip to Content

CURSO 2013-2014

Galiza: A Nosa Terra

 

Vídeo realizado polos alumnos de 4º da ESO na materia de Plástica en colaboración co departamento de Dinamización Lingüística.

 

Vemos ou... miramos?

 

Exposición fotográfica dos alumnos do IES Illa de Sarón no Centro Cívico de Xove, do 24 ao 30 de maio.

Se queres ver as fotos en grande ou descargalas, preme aquí.

 

 

Visita ao CENIMA e Correlingua en Foz

 

Visita dos alumnos e alumnas de 1º e 2º de ESO ao CENIMA de Foz  o día 16 para ver a exposición sobre artistas da Mariña e posterior participación no Correlingua. Tamén foron o día 23 os de 3º e 4º da ESO. Aquí tedes as fotos deses días.

Se queres ver as fotos en grande ou descargalas, preme aquí.

 

 

Visita dos compañeiros de A Pontenova ao noso centro

 

Para ver en grande as fotos e poder descargalas preme aqui

 

 

 

Voznatura. Río Rigueira 2014

 

Algunhas das fotos do día que fomos estudar o ecosistema do río da Rigueira. Preme aquí para velas en grande ou descargalas.

CHARLA DO XORNALISTA PACO NIETO NA CLASE DE GALEGO

 

O locutor de Radio Lugo Paco Nieto ofreceu unha charla didáctica, O valor da nosa voz, ao alumnado de 1º de ESO. Falounos sobre a importancia dos matices e tons na voz e puidemos escoitar gravacións de personaxes históricos (Castelao, Luís Pimentel, Álvaro Cunqueiro, Manuel María...) así como fragmentos de programas radiofónicos.

Intercambio co IES Enrique Muruais de A Pontenova

Para ver en grande as fotos e poder descargalas preme aqui

 

 

FITOFALADOIRO

 

O IES Illa de Sarón participa no FITOFALADOIRO!

                                                                                                                            

https://twitter.com/fitofaladoiro

 

O obxectivo central do proxecto Fitofaladoiro,organizado pola Universidade de Santiago de Compostela (USC) , Herbario SANT e o Instituto da Lingua Galega (ILG)é a recompilación de usos e nomes de plantas silvestres de Galicia. Trátase dun traballo colaborativo no que participan centros de toda Galicia, e que trata de rexistrar a variedade de nomes e usos das nosas plantas.

 

Preme aquí para coñecer o proxecto polo miúdo:

http://www.usc.es/herbario/fitofaladoiro/doc/Fitofaladoiro_pantalla.pdf

 

 

Nós colaboraremos identificando e nomeando estas plantas presentes no concello de Xove:

 

 

Unha vez identificadas cómpre cubrir o seguinte formulario:

 

http://www.usc.es/herbario/fitofaladoiro/doc/Fitofaladoiro_Formulario.pdf

 

Aquí tedes un exemplo do formulario cuberto:

 

fhttp://www.usc.es/herbario/fitofaladoiro/doc/Fitofaladoiro_Formulario_exemplos.pdf

 

As plantas que tedes que identificar están neste ficheiro.

 

( Normalización lingüística, Departamento de Ciencias Naturais e Dpto de Galego)

 

 

Distribuir contido


by Dr. Radut