Como xa todos sabedes, dentro do Plan Proxecta organizado pola Xunta de Galicia, este ano, todo o alumnado da ESO e o profesorado, embarcámonos no Proxecto Xermolón. Este proxecto pretende crear hábitos saudables de alimentación entre a nosa comunidade educativa.
Hoxe tivemos a axuda de Susana, que nos deu unha charla sobre Alimentación saudable. Descubrimos moitas cousiñas interesantes que seguro poñeremos en práctica a partir de hoxe.
Aliméntate ben!!!!
Adxunto | Tamaño |
---|---|
xermolon_01.jpg | 4.88 MB |