1. DESCRICIÓN DO CENTRO
1.1.Datos xerais do centro:
Tipo de centro: PÚBLICO
Denominación oficial: I.E.S. Illa de Sarón
Código do centro: 27016625
Provincia: LUGO
Enderezo: Agramonte s/n Xove
Código Postal: 27870
Teléfono: 982-870973
Fax: 982- 870982
N.I.F: Q7750008J
Correo electrónico: ies.illadesaron.xove@edu.xunta.es
Páxina Web: centros.edu.xunta.es/ies illadesaron
Número de unidades:
Número de unidades: | ESO | BAC | CICLOS |
Funcionando | 5 | 3 |
1.2.Ubicación
O I.E.S. Illa de Sarón está situado nunha zona apartada do casco Urbano do Concello de Xove, na estrada que comunica o centro coa Parroquia e a praia de Lago. Nesta mesma zona está situado tamén o CEIP "Pedro Cáselles Rollán", actualmente único centro escolar de Primaria do Concello.
Tamén se atopan nos arredores do Centro dous campos de fútbol que en ocasións son utilizados polo Departamento de Educación Física para realizar actividades deportivas.
2.-O CONTORNO DO CENTRO: SITUACIÓN E CARACTERÍSTICAS
O noso centro está situado na localidade de Xove, concello da Mariña lucense que delimita ao leste coa localidade de Cervo, ao oeste con Viveiro e ao Sur cos concellos de Valadouro e Ourol. Dista da capital da provincia 106 km.
Ten unha superficie aproximada de 89,1 Km2 e acolle unha poboación duns 3.5OO habitantes. Nesta superficie podemos diferenciar tres zonas: un litoral abrupto con magníficas praias , unha serie de vales coma os da Rigueira, Lago e Sumoas e unha zona interior montañosa. Posúe un clima oceánico con abundantes precipitacións e temperaturas suaves ao longo de todo o ano. O relevo é bastante accidentado aínda tratándose de elevacións pouco importantes que non superan os cincocentos metros. Isto ten coma consecuencia a existencia de numerosas e estreitas estradas locais e pistas que unen os distintos núcleos coa capitalidade do concello.
A flora e a fauna son ricas e variadas ao confluir variaos ecosistemas ( costeiro, fluvial e de media montaña). Con respecto ao aproveitamento dos espacios forestais, combínanse os espazos cultivados con grandes áreas de repoboación (piñeiros e eucaliptos) que substituíron ao bosque autóctono.
PARROQUIAS:
PARROQUIA | LUGARES |
LAGO | Alto de Lago, Ancil, Áspera, Barxa, Beltrán, Casaslongas, Torre e Vilar |
MONTE | Cancelas, Gondar, Hedradas, Loureiro, Penas Agudas, Soutovello e Vilariño |
MORÁS | Aldea de Abaixo, Aldea de Arriba, Barreiro, Cruces, Carballo, Morás, O Portiño de Morás |
PORTOCELO | Canelas, Portocelo, San Cristovo, Vilachá e Vilapol |
RIGUEIRA | Abelá, Canaledo, Cornide, Cortellos, Ferrol, Labradela, Lamas, Pazo, Pazos, Ponte do Carro; Prado Vello, Regosangüento, San Vicente, Souto Redondo; Torrillón, Veiga, Ventoselle, Vila e Vilela |
SUMOAS | Albarán, Cabandela, Cabo, Cainzos, Fontaíña, Fontes, Lagar, Lagoela, Lodeiro, Poceiras, Romeo, Sumoas, Torre e Xanarde |
XOVE | Carballás, Parceiros e Xove |
XUANCES | Acebeda, Barga, Cabo de Vila, Camba, Camposusao, Cestelo, Ceranzos, Cruceiro, Fontao, Illade, Loureiros, Pena, Pereiraboa, Prada, Reboredo, Tuimil e A Vara. |
Trátase eminentemente dunha zona rural cunha economía moi diversificada, con distintas fontes de ingresos; desde pequenas explotacións agrícolas, gandeiras e forestais pasando por traballos vinculados ao sector marítimo (pesca, acuicultura) ata actividades ligados ao sector industrial, sobre todo, co enclave entre os concellos de Cervo e Xove da empresa multinacional ALCOA, onde traballa un número importante das familias dos alumnos do noso centro.
Respecto aos recursos educativos da zona , ademais do propio IES, Xove conta co CEIP "Pedro Caselles Rollán", no que están escolarizados tanto os alumnos que residen na localidade , como aqueles de parroquias e núcleos cercanos que se desprazan ata o mesmo utilizando o servizo de transporte escolar. Os alumnos que finalizan a ESO no noso centro continúan os seus estudios no I.E.S. "Marqués de Sargadelos" de San Cibrao (Cervo), nos I.E.S. "María Sarmiento" e "Vilar Ponte" de Viveiro ou ben, nos I.E.S. "Perdouro" e " Monte Castelo" de Burela en función das especialidades de Bacharelato ou Ciclo Formativo que desexen realizar. O propio I.E.S. de Xove imparte un Ciclo Formativo de Grao superior de Administración de Sistemas Informáticos, ó que acuden alumnos do mesmo e outros centros da zona.
En Xove existe unha escola Muncipal de Música e Danza Tradicional e na cercana localidade de Viveiro hai un Conservatorio de Música. Conta ademáis cunha Biblioteca Municipal e desde o Concello organízanse periódicamente actividades culturais como funcións musicais, exposicións, representacións teatrais....Tanto en Viveiro coma en Ribadeo existen Escolas Oficiais de Idiomas.
A zona da Mariña conta con servicios varios e profesionais divesos; podemos mencionar Psicólogos, Pedagogos, Logopedas, Centros de Saúde, Hospital Comarcal, Asistentes Sociais, Asociacións Culturais, Escolas Deportivas Municipais, Asociacións de Axuda a Discapacitados Psíquicos...
Adxunto | Tamaño |
---|---|
Plano.JPG | 20.64 KB |