Nesta ocasión o Salón de Actos do Concello de Xove foi o esceanario sobre o que a actriz galega Estíbaliz Veiga representou a peza de teatro GOLPES para todo o alumnado do noso IES. Esta actividade encádrase dentro do Plan Proxecta 2019-2020: Por 365 días de respecto e igualdade, subvencionada pola Secretaría Xeral de Igualdade da Xunta de Galicia.
Estíbaliz Veiga, baixo a dirección de Xosé Leis e da produtora aANTENA, somérxese no papel de Pamela, unha moza que recibiu moitos “golpes”, na súa relación de parella, pero a “labazada” máis forte foi verse a si mesma mudada noutra persoa, por iso quere compartir as súas experiencias vitais, para que ningunha outra muller pase por unha situación semellante.
Con esta representación teatral o que se pretende é visibilizar diferentes situacións de desigualdade que se dan a diario e concienciar a toda a sociedade, mais dun xeito especial á mocidade, na prevención da violencia de xénero.
Deixámosvos algunhas fotografías de distintos momentos da extraordinaria representación.