O mes de febreiro dedicámolo a resolver sudokus, un xogo antigo que require de lóxica e paciencia para resolvelo. Realizamos un concurso de resolución de sudokus, cun premio para cada nivel. Ao principio o alumnado era un pouco reticente xa que a resolución supón paciencia e concentración, pero saíulles mellor do que pensaban.
Os obxectivos desta actividade son:
- Mellorar a concentración.
- Fomentar o gusto polas matemáticas e os xogos matemáticos.
- Estimular e potenciar as habilidades de matemática lóxica e pensamento crítico.
- Adquirir confianza coas matemáticas.
A entrega de premios foi este luns, día 9 de marzo.
Á espera dos resultados:
E por fin, cheou o momento da entrega dos premios. Charo Canoura, a profesora de Matemáticas, foi a encargada:
Parabéns ás gañadoras de 2º e 3º ESO e ao gañador de 1º ESO!!