O alumnado de 1º e 2º de ESO participaron hoxe 7 de maio, na gran festa escolar que reuniu a unha porcentaxe importante da comunidade educativa en defensa da lingua galega.
"Temos química coa nosa lingua" foi o título do manifesto do Correlingua 2019 que hoxe se leu dende Ribadeo, coa participación de case dous mil escolares de toda A Mariña.