Skip to Content

CLAUSURA DO 1º CURSO DO CICLO SUPERIOR “PROGRAMACIÓN DA PRODUCIÓN EN MOLDEAMENTO DE METAIS E POLÍMEROS”

 

O día 5 deuse por clausurado o primeiro curso dun ciclo superior único en toda Galicia. Asistiron o Conselleiro de Educación D. Jesús Vázquez, O alcalde de Xove, D. Demetrio Salgueiro, D. Rubén Bartolomé, director xeral de Alcoa Primario España, Dona Raquel Arias, Delegada territorial da Xunta de Galicia en Lugo, D. Manuel Corredoira, director xeral de Educación, Innovación Educativa e Formación Profesional e Dona Oliva Cabaleiro, directora do IES Illa de Sarón, xunto con profesionais de Alcoa, alumnado e profesorado.

 

Todos e todas coincidiron en sinalar a importancia deste ciclo para potenciar a formación da xuventude da zona, promocionar o concello  e facilitar a integración no mundo laboral ao alumnado.

 

Clausura Ciclo Superior



page | by Dr. Radut