Skip to Content

A auga e a vida: "Ao son da auga"

 
 

O martes 10 de marzo saímos camiñar ao son do río Regueira para ver a depuradora que están construíndo e máis o río e o seu contorno.

A camiñata que fixemos as alumnas e alumnos de 1º de ESO empezaba ao saír do Instituto. Fomos pola estrada de Regosanguento, vimos a depuradora nova e logo comezamos a ruta por un camiño de asfalto rodeado de bonitas paisaxes e con olor a eucalipto.

Vimos uns invernadoiros que están en Vila e tamén cabras, ovellas... Despois, ao chegar a un cruce onda Casa Abad collemos cara abaixo pra empezar a ruta “Ao son da auga” realmente, o que nos fixo recordar que nenos e nenas doutros países non teñen auga para beber e nós, que a temos en grandes cantidades e podémola usar para o que queiramos, estámola desperdiciando.
O menos bo da excursión foi que nos pareceu que o río non estaba todo o limpo que debera porque había unha especie de escuma branca, plásticos..., pero quizais o ciclón Klaus axudou a que parecera máis do que é realmente.

Pasámolo moi ben e aproveitamos todo o que puidemos sacando fotos e, sobre todo, aprendendo.

Ver ás imaxes a maior tamaño



page | by Dr. Radut