A profesora Herminia Pernas Oroza impartiu o luns dúas charlas ao alumnado do IES Illa de Sarón de Xove dentro dos actos do Día da Muller Traballadora. Explicou desde cando se fai e por que se fai a Historia das Mulleres e a súa aparición tardía nos libros de texto, e tamén abundou sobre o que se agocha tras a data do 8 de marzo.