Con independencia do réxime solicitado, ordinario ou para as persoas adultas, os prazos de presentación de solicitudes de admisión para o curso 2023-2024 serán:
Prazo ordinario: do 23 de xuño ás 9:00 horas ata as 13:00 horas do 5 de xullo.
Deberá cubrirse unha única solicitude para cada réxime, modalidade e grao utilizando o asistente informático que estará dispoñible en http://www.edu.xunta.gal/fp/
A aplicación avisará no caso de que fose necesario achegar documentación, que poderá engadirse en soporte electrónico. Non será necesario presentar o resgardo da solicitude nin a documentación nun centro, agás que a aplicación indique que para que sexa unha solicitude válida terá que ser entregada, xunto coa documentación necesaria, nun centro educativo con oferta de FP sostida con fondos públicos para ser selada, datada e validada.
O procedemento de solicitude e matrícula en 2º curso ordinario non está centralizado, non poderá utilizarse o asistente web para realizar a solicitude.
Calendario admisión réxime ordinario e persoas adultas:
http://www.edu.xunta.gal/fp/webfm_send/10192
Calendario admisión FP Dual:
http://www.edu.xunta.gal/fp/webfm_send/10193
Máis información:
http://www.edu.xunta.gal/fp/ven-fp