Orde do 10 de maio de 2023 pola que se regula a participación no fondo solidario de libros de texto e se convocan axudas para adquirir libros de texto e material escolar destinadas ao alumnado matriculado en EP, ESO e EE en centros sostidos con fondos públicos para o curso escolar 23/24.
O alumnado matriculado nos centros e cursos incluídos no proxecto E-DIXGAL no curso 23-24 está excluído da participación no fondo solidario de libros de texto e das axudas para adquirir libros de texto. Terá dereito á axuda para adquirir material escolar.
Prazo de presentación de solicitudes ata o 21 de xuño.
Máis información:
https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2023/20230519/AnuncioG0655-100523-0001_gl.pdf