Skip to Content

    erasmus  stembach

av  plan d

proxectos

anpa1

The Big Challenge 2013-14

 

En 1º de ESO a clasificación foi liderada por Marta Roibás, seguida por Lucía Granados e Juan José Queijeiro.

En 2º de ESO houbo empate entre as catro primeiras: Lucía Yáñez e a súa irmá Lara, Inés Villa e María Vales. Parabéns!


 

Presentación do número 6 da revista "Alén da chuvia"

Celebramos o xoves 19 a festa das letras. Había unha boa razón, presentar o número 6 da revista, auténtico buque-insignia, do Instituto, “Alén da chuvia”. Neste número hai unha nutrida representación do bo facer literario de alumnado e profesorado. Non deixedes de comprobalo. Como vedes nas fotos, actuou o coro do Eusebio da Guarda. 

 

A ocasión era propicia para entregarlle a Lucía Blanco Miguéns o premio como vencedora do concurso “Gañapuntos” que celebramos –unha pregunta semanal- durante as vinte primeiras semanas deste curso, nunha estreita colaboración entre Club de Lectura e Biblioteca do Instituto. O agasallo consistiu nunha magnífica edición en catro volumes dos relatos da coruñesa Emilia Pardo Bazán. Agradecemos desde aquí á Fundación Barrié, sempre ao servizo da nosa cultura, a súa xenerosa contribución en libros para a mellora e estímulo do alumnado participante no Club de Lectura do IES ao que nos honramos de pertencer. Vedes na foto correspondente a Lucía, o Coordinador de “Alén da chuvia” e Xefe de Dinamización Lingüística, Xulio Cuba Orosa e mais a Vicedirectora, Mª Rosario Soto Arias.

 


 

Dúas alumnas seleccionadas para o Festival Internacional Mundos Digitales

As alumnas Andrea Tubio Rey e Iria Amigo Barreiro, ámbalas dúas de 4º ESO, foron seleccionadas para realizar o Obradoiro de Creación de Personaxes a cargo do diseñador Carlos Grangel que terá lugar dentro do "Festival Internacional Mundos Digitales" a primeira semana de xulio.

Participaron no concurso de creación de dous personaxes de animación chamados Noah e Halo, partindo dun pequeno guión. Durante o obradoiro poderán desenvolver por completo os seus dous personaxes.

Despedida de 2º de bacharelato, curso 2013/14

Un ano máis chegou o momento de despedir, coa máis grande das ledicias, á promoción de segundo de bacharelato. Onte foi o acto de despedida, tan esperado por eles. Nós, con algunha bágoa de pena, desexámoslles o mellor. A súa verdadeira aventura empezará agora...


Pedro Tomé acada o primeiro premio do Condado na súa estadía nos Estados Unidos

Se fai unhas datas dábamos conta do éxito dun dos nosos alumnos nos Estados Unidos, agora veñe de repetilo a un nivel máis grande:

 


 

Video dos proxectos de estruturas de 2º de ESO, curso 2013/14

Aínda podedes ver algúns destes proxectos na Biblioteca do centro. Alí están expostos.


 

O equipo de fútbol feminino chega á final do torneo Xogos Escolares

O equipo feminino de futbol 7 do IES Eusebio da Guarda chega á final do campionato dos II xogos escolares 2013-2014 . 

Despois de quedar primeiro do seu grupo na liguilla de clasificación ganando todos os partidos disputados, venceu  ó IES Zalaeta en cuartos de final e ó Compañía de María en semifinais. 

 

Premio nacional ao rendemento académico para un alumno do Eusebio

Gonzalo Cao Labora foi recoñecido no BOE do pasado 12 de abril co premio nacional de educación no ensinon non universitario, xunto con outros nove rapaces, polo seu rendemento académico. Gonzalo é o único de orixe galego. Parabéns!

 


 

Visita do alumnado de 2º Bacharelato ao CiQUS de Santiago de Compostela

 

Estas fotos corresponden á visita que os alumnos de Química de 2º de Bacharelato, acompañados polos profesores Mª Carmen Díaz Cabanas, Laura Fernández Villarino e Pedro Rodríguez Porca, realizaron o 4 de abril ao CIQUS (Centro Singular de Investigación en Química Biolóxica e Materiais Moleculares) en Santiago de Compostela, no que os alumnos puideron ver os laboratorios instrumentais, laboratorios de investigación e presenciar algúns experimentos.

 


 

Distribuir contido


by Dr. Radut