Skip to Content

    erasmus  stembach

av  plan d

proxectos

anpa1

DÍA INTERNACIONAL DA ELIMINACIÓN DA VIOLENCIA CONTRA A MULLER. ACTO NA DELEGACIÓN DO GOBERNO A CORUÑA

DÍA INTERNACIONAL DA ELIMINACIÓN DA VIOLENCIA CONTRA A MULLER. ACTO NA DELEGACIÓN DO GOBERNO A CORUÑA.

Hoxe 16 de novembro de 2021 o alumnado de 1ºC de Bacharelato acompañado pola Directora Isabel Ruso, a Coordinadora de Bacharelato Beni Vidal e a súa titora Lisi Prado, foi convidado á Delegación do Goberno para realizar unha lectura dos relatos de Emilia Pardo Bazán, El indulto e Las medias rojas dentro dos actos que se están a realizar por mor do Día Internacional da Eliminación da Violencia contra a Muller

Ao acto, presidido pola subdelegada do goberno dona María Rivas, asistiu a actual Condesa de Pardo Bazán, dona Carmen Colmeiro e a profesora da USC dona Cristina Patiño, estudosa da obra da Condesa, da que fixo unha semblanza do seu papel na literatura, recoñecendo que foi un quebraondas co que ían chocar todos os prexuízos machistas da época, adiantándose ao seu tempo, poñendo de manifesto a ansia de independencia da muller. 

Os relatos lidos por Carla Dopazo, Hugo Herrador, Sofía Ameijeira e Sol Davó (cunha dicción e un sentimento admirables) son boa mostra do pulso diario da vida en Galicia que tiña dona Emilia, atenta sempre aos sentimientos e emocións das mulleres do seu tempo. Medo, medo e medo é o que senten as protagonistas dos relatos, Antonia e Ildara que representan á muller sometida que non quería a escritora nin queremos nós. 

Solicitude á Consellería de Educación de máscaras para alumnado de ESO

  

Publicouse  a ORDE do 28 de outubro de 2021 pola que se regulan os criterios e o procedemento de distribución de máscaras entre o alumnado matriculado en educación primaria, educación secundaria obrigatoria e educación especial en centros docentes públicos dependentes desta consellería.

O alumnado que ten dereito as mesmas e o pertencente a familias cunha renda per cápita igual ou inferior ao limiar de 6.000 €, que foi o limiar de referencia no curso 2021/22 para ter dereito á axuda para adquirir material escolar.

Polo tanto, será beneficiario das máscaras, directamente (sin ter que solicitalo), o alumnado que resultou beneficiario das axudas de material escolar e, logo de solicitude e comprobación da renda per cápita da unidade familiar, o resto do alumnado que non foi beneficiario por diferentes circunstancias, sempre que reúna o requisito.

 

Presentación de solicitudes

1. Deberán presentar solicitude os pais, nais, titores ou representantes legais do alumnado que non presentou solicitude de material escolar en tempo e forma ou resultou excluída. No caso de alumnado en situación de garda ou tutela da Xunta de Galicia, presentará a solicitude a persoa titular da dirección do centro de menores ou a persoa coa que conviva en acollemento familiar.

2. A solicitude será única para todos os fillos e, de ser o caso, tutelados, que estean admitidos no mesmo centro docente para o curso 2021/22; se están admitidos en centros docentes distintos, presentarase unha solicitude en cada un dos centros.

3. As solicitudes e documentación complementaria deberán presentarse presencialmente no centro docente onde estea matriculado o alumno utilizando o formulario normalizado (Anexo I) dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia, https://sede.xunta.gal

Este formulario de solicitude (Anexo I) tamén estará dispoñible no centro docente.

O prazo de presentación de solicitudes remata o 26 de novembro.

Exposición A CASA DE GALICIA. 50 ANOS DA CASA DE ROSALÍA

Exposición A CASA DE GALICIA. 50 ANOS DA CASA DE ROSALÍA

Cúmprense 150 anos desde que Rosalía De Castro chegou en 1871 á cidade, con este motivo estreouse onte nos xardíns de Méndez Núñez a exposición A casa de Galicia.50 anos da casa de Rosalía.

A mostra fai un repaso polo fito que supuxo mercar e restaurar a casa da Matanza, na que a escritora viviu e morreu, para convertela na Casa-Museo de Rosalía de Castro en pleno franquismo. Algo que foi posible grazas á colaboración dos galegos asentados en Galicia e dos galegos da emigración. Tamén de concellos, xornais, clubs deportivos e asociacións.

A exposición dá a benvida a través dunha fiestra, que simboliza a frase que a escritora pronunciou no seu leito de morte na casa da Matanza en 1885:”Abride esa fiestra, que quero ver o mar”. “A historia da casa de Rosalía de Castro é a do traballo constante por abrir unha fiestra de liberdade na negra sombra de pedra franquista”, reza o primeiro mural que abre a exposición.

O alumnado de 3ºV en compañía da profesora Beni Vidal do Ámbito Lingüístico-Social percorreu a exposición tomando nota da información dos murais.

Departamento de Lingua Galega e Literatura

Magosto 2021

Magosto 2021

Mércores 10 de novembro, véspera de San Martiño, desenvolveuse no Eusebio da Guarda a actividade tradicional do Magosto. Ver máis no blog A Artesa do Eusebio.

Actuación de Carolina Díaz Vázquez e Daniela Neira Prada ás 12:15 horas na festa do Magosto:

Actuación das alumnas de 3º de ESO Alejandra Pérez Seijas, Yolanda Rey Chenlo e Xulia Rivadulla Losa, na aula Picasso:

Actuación de varias alumnas de 1° de ESO E: Irene Armada Santos, Claudia Milia Malingre, María Torrado Sánchez, Alejandra Vázquez Suárez e Candela B. Nielsen Sicilia:

Presentación da COP26

O grupo COdos, na súa tarea de dar a coñecer obxectivamente a realidade das causas e consecuencias do quentamento global e o cambio climático, presenta a exposición que elaborou para coñecer que é e que está a suceder na COP26. Durante estes días publicaremos varios vídeos.

Samaín 2021

Co gallo da celebración da festa do Samaín 2021, o Equipo de Dinamización da Lingua Galega organizou a tradicional actividade de decoración das portas das aulas dos grupos de Ensinanza Secundaria Obrigatoria. 

O venres 28 como se anunciara, un esixente xurado, composto pola directora, coordinadora do EDLG, varios membros do profesorado e un membro do alumnado, valoraron as portas.

Resultou premiada, despois de arduas deliberacións a porta do grupo 3° ESO C, titoría de Paulo Carballada.

O alumnado foi premiado cunha bolsa de chuches e a correspondente medalla.

 

Máis fotos na ARTESA DO EUSEBIO

Pumpkin carving contest 2021. English Department

This course our students have taken part in a pumpkin carving contest, these are some of the submissions... and the winners!!

We had a spooky photocall too. Happy Halloween everyone from the English Department!!

Exposición "De Amor e de Amigo, as cantigas de Martín de Padrozelos"

27de outubro de 2021

Estes días e ata o 5 de novembro, contamos no instituto cunha exposición sobre as cantigas do trobador da lírica medieval Galego-portuguesa Martín de Padrozelos. Promocionada pola Asociación de Estudosos do Camiño de Santiago e mais a Secretaría Xeral de Política Lingüística, e comisariada por Luis Celeiro, forma parte dun proxecto relacionado coa nosa lírica medieval e mais co Camiño de Santiago. Ten un afán divulgativo co obxectivo de facilitar o achegamento tanto á cultura medieval en xeral como á nosa lírica en particular, centrado en Martín de Padrozelos, trobador do val de Lóuzara no Concello de Samos. Froito da colaboración estreita do grupo investigador xurdiron o documental Trobador no camiño, andares pola lírica de Martín de Padrozelos, esta exposición das súas dez cantigas de amigo e de amor, e un magnífico disco do grupo A Quenlla, titulado Trobador no camiño. 

A exposición viaxou polos concellos do Camiño lucense durante este verán, e agora vai continuar o seu percorrido polos centros de ensino galegos. É neles onde mellor se poderá aproveitar didacticamente, tendo en conta a carencia de materiais sobre esta época literaria. Vén acompañada de recursos dixitais para facilitar o  traballo nas clases, e a modo de clausura desta primeira rolda en 2021, terá lugar un concerto do grupo A Quenlla coa interpretación das cantigas de Martín de Padrozelos en Chantada o 18 de decembro.

Departamento de Lingua Galega e Literatura

EDLG do IES Eusebio da Guarda 

Visita do Dr. Pedro Canto

O 26 de outubro de 2021 visitounos o Dr. Pedro Canto, Decano da Facultade de Educación da Universidade Autónoma de Yucatán (México). É Enxeñeiro químico industrial e Doctor en Educación Superior pola Universidade de Ohio (USA).

 

Está acompañado pola Catedrática da Facultade de Ciencias da Educación da UDC Mercedes González, pola Directora do Instituto Isabel Ruso e pola profesora de Lingua castelá do Instituto Charo Vázquez.

Actividades programadas polo Departamento de Orientación para o curso 2021-22

Son actividades para realizar durante as sesións semanis de titoría.

O exalumno Martín Hermida Vázquez finalista no 16º CONCURSO DE FOTOGRAFÍA XURXO LOBATO

En outubro de 2021 temos a exposición do 16º CONCURSO DE FOTOGRAFÍA XURXO LOBATO, na que un exalumno coa fotografía titulada "HOGAR", Martín Hermida Vázquez, foi finalista.

A CORUÑA MODERNISTA, polo profesor Abel Fernández Maroño

A CORUÑA MODERNISTA

Os luns 27 de setembro e 4 de outubro, o noso compañeiro do Departamento de Xeografía e Historia, Abel Fernández Maroño acompañou a dous grupos de profesores pola rúas próximas ao instituto explicando A Coruña de principios do século XX. Foi unha actividade moi grata para todos os participantes e serviu tamén para integrar ao novo profesorado.

Alumnos de STEMbach participaron na Noite Europea das Personas Investigadoras

Alumnos de STEMbach participaron na Noite Europea das Personas Investigadoras no Instituto de Investigación Biomédica de A Coruña (Inibic).

 

 

Santiago Vilas Subirán, alumno de 4ºESO, entrevista á ministra Teresa Ribera

Santiago Vilas Subirán, alumno de 4ºESO, entrevista a Teresa Ribera, vicepresidenta terceira do Goberno e ministra para a Transición Ecolóxica e o Reto Demográfico

Presentación Ciclos Formativos e Adultos

Presentación Ciclos Formativos e Adultos 

A recepción realizarase no vestíbulo do Instituto (porta da Praza de Pontevedra).
 
Ciclos Formativos Superiores 
Mércores 15.  19:30 2º CF AVXE e 2º GIAT
Mércores 15.  19:45 1º CF AVXE e 1º GIAT 
Comezan as clases o xoves 16 de setembro


Bacharelato de adultos 
Luns 20 ás 19:00 1º Bacharelato 
Luns 20 ás 19:15 2º Bacharelato 


ESA 
Xoves 23 ás 18:00 
Proba de nivel o xoves 16 ás 17:15 

PRESENTACIÓNS DO ALUMNADO DE DIÚRNO CURSO 2021/22: 15 de setembro (mércores)

PRESENTACIÓNS DO ALUMNADO DE DIÚRNO CURSO 2021/22: 15 de setembro (mércores)

  • A asignación do alumnado aos grupos estará dispoñible en abalarMóbil, probablemente, na tarde do 14 de setembro. Tamén en listados no vestíbulo do Instituto.
  • A recepción realizarase no vestíbulo do Instituto (porta da Praza de Pontevedra).

  • Unicamente accederá a ese espazo o alumnado citado nas horas indicadas a continuación. Rógase puntualidade.

  • O 16 de setembro haberá clases no horario habitual.

DEVOLUCIÓN LIBROS OBTIDOS POLO FONDO SOLIDARIO - 2021

DEVOLUCIÓN LIBROS OBTIDOS POLO FONDO SOLIDARIO - 2021 

O prazo para devolver os libros será 17, 18, 21 e 22 de xuño na secretaría de 9:00 a 13:00h (só se recollerán libros neses días e nese horario).

Se tes materias pendentes para setembro entregarás eses libros do 3 ao 6 de setembro na secretaría de 9:00 a 14:00 h (só se recollerán libros neses días e nese horario).   

A falta de devolución dos libros é causa de exclusión do fondo solidario de libros de texto e das convocatorias de axudas. Igualmente no caso de que o estado no que son devoltos non permita a súa reutilización.

 

Distribuir contido


by Dr. Radut