Skip to Content

    erasmus  stembach

av  plan d

proxectos

anpa1

XXV Canguro Matemático Sen Fronteiras 2018

Un ano máis os alumnos do Instituto participaron no certame matemático XXV Canguro Matemático Sen Fronteiras 2018.

A competición, consistente na resolución de 30 problemas e cuestións matemáticos adaptados a cada nivel durante unha hora e cuarto, tivo lugar no Instituto o pasado xoves 15 de marzo.

Un total de 93 alumnos presentados de niveis de 1º, 2º, 3º , 4º de ESO e 1º de Bacharelato.

Colaboraron os profesores do Departamento de Matemáticas: Javier Chao Mata, Mario Juíz López, Carmen Muñoz Trasancos, Elena García García, Gloria Lamas Blanco, Rocío Oreiro Rey e Luis Javier Rodríguez González (coordinador responsable).

Os resultados faranse públicos na web do certame nun prazo de mes e medio aproximadamente xa que teñen que corrixir as probas de 18955 alumnas e alumnos de 552 centros de toda España.



blog | by Dr. Radut