Fontenilles et ses élèves sont venus à La Corogne
Foto: Na Alameda de Santiago
Foto: Os nosos alumnos mostrando a cidade de Santiago aos seus colegas.
Foto: As profesoras acompañantes do grupo. (Fotos de Mª Jesús Quintáns)
Un ano mais os alumnos do collège Irène Joliot-Curie estiveron uns días con nós. Acompañados por tres profesoras entre as que se atopaba Mme. Tanis, profesora de español no centro francés e organizadora desta actividade no país veciño.
Foto: Ante a fachada da igrexa de Santa María en Betanzos
Un grupo de alumnos de 3º e 4º de ESO tiveron ocasión de coñecer e trabar amizade con rapaces da súa mesma idade tanto nas súas casas coma no instituto. O programa preparado para eles estivo cheo de actividades diversas co obxectivo de dar a coñecer a nosa cultura e linguas. Hai que recoñecer que un dos puntos mais fortes é o de establecer lazos entre a rexión de Midi Pyrénées e Galicia. Xa van varias xeracións de alumnos que participan neste intercambio, entre eles están varios irmás das mesmas familias.
Foto: Visitando Betanzos
A continuidade da labor está presente no ánimo dos organizadores, dados os beneficios que a todos nos aporta. Agradecementos ao collège amigo de Fontenilles e á súa directora Mme Lemé. Non podemos esquecer aos nosos alumnos e ás súas familias sempre dispostas a colaborar. Grazas a todos pola vosa labor.
O departamento de Francés do I.E.S. Plurilingüe Eusebio Da Guarda
Foto: Nas Fragas do Eume
Foto: Ante o Castelo de San Antón