Intercambio I.E.S. Eusebio Da Guarda - Collège Irène Joliot-Curie
1.- “Eu definiría este intercambio con tres palabras que penso que o describen á perfección:
emocionante, inesquecible e enriquecedor.
Aínda que este intercambio foi o primeiro que fixen, estou chea de ledicia por poder realizalo e asegúrovos que, se algunha vez tedes a posibilidade de ir, saberedes que é unha experiencia incrible e que paga a pena vivila.
Esta viaxe non só me serviu para coñecer diferentes culturas e persoas, senón tamén para mellorar o meu francés e darme conta de que o mundo e a súa diversidade son moito máis grandes do que imaxinara.
Coñecín unha familia encantadora da que me namorei, pois fíxome sentir coma se estivese na miña casa e coidaron de min coma un membro máis da familia.
Dende o primeiro momento compenetrei moi ben coa rapaza francesa que me tocou e sempre estivemos xuntas. Ambas puxemos en práctica o noso francés e castelán, pasámolo moi ben coas nosas amigas, e o máis importante, fixemos novas amizades.
Aprendín a ser máis consciente dos meus alcances e límites, polo que aumentei a confianza en min mesma e a miña capacidade de ser independente. Expandín a miña visión do mundo e viaxei para coñecer novos lugares, descoñecidos para min ata entón.
Agora que xa estou de volta e miro a miña maleta, sei que non só traio comigo bens materiais, senón tamén aprendizaxe, experiencias e emocións, recordos, e vínculos, que sen dúbida, valen calquer esforzo.
"O mundo é un libro, e aqueles que non viaxan, len tan só unha páxina".
Para finalizar, quero darlle as grazas a todas esa persoas que fixeron posible que o intercambio se levara a cabo.
Un saúdo, Carolina Sanmartín Pérez, 3ºA.”
2.-“Intercambio A Coruña-Fontenilles 2016
Aínda me parece que foi onte cando saltaba de emoción ó ver o meu nome na listaxe de admitidos ao intercambio de Francia e, sen darme conta, xa estamos de volta.
Atrás quedan os preparativos para recibir aos nosos “corres”, a festa de despedida que con tanta ilusión lles preparamos, as largas horas de autobús, o día da súa festa (na que bailamos e cantamos sen parar, ata quedar sen voz e case romper as pernas)...
É, sen dúbida, unha vivencia moi recomendable,non só polo aprendizaxe da lingua francesa (que é o motivo principal polo que se impulsa esta actividade), senón tamén porque quizais sexa a primeira vez que saes só da casa, e iso fai más independente ás persoas. Ademais coñeces unha cultura diferente, convives durante uns días con unha familia que no é a túa...
Xa só quedan recordos desta marabillosa experiencia, pero seguiremos mantendo viva a amizade que comezamos aló polo mes de outubro. Levaremos sempre no noso corazón a Fontenilles e a súa xente. Hasta sempre!
Guillermo Alonso-Jáudenes, 3º A”
3.- “Este intercambio foi unha gran e marabillosa experiencia. Grazas a el tiven a fantástica oportunidade de perfeccionar e aprender un idioma e cultura excepcionales, descubrir a gastronomía da zona, ver algunhas cidades e coñecer parte da súa historia con xogos. Nesta viaxe paseei por Toulouse, onde visitei moitos lugares (o Capitolio, a basílica de Saint Sernin...) e aprender cousas deles con entretidos xogos; estiven en Auch, onde probei deliciosos platos, coñecín a catedral...; visitei museos, como a Cité de l'Espace, un museo con temática espacial...
Tamén puiden coñecer a unhas estupendas persoas, e observar de preto o día a día dunha familia francesa.
En resumen, volvería a Francia sen dubidalo e recomendo a todo o mundo participar nesta actividade.
Sabela Tembrás, 3º A”
4.-≈A miña experiencia en Francia ≈
O domingo día tres, ás sete da mañá, saía da praza de Pontevedra un autobús que nos levaría aos meus compañeiros e a min rumbo a Fontenilles para devolverlles a visita aos nosos corres franceses, aos que tanto botáramos en falta dende o mes de outubro.
A recibida foi magnífica, eu saín correndo a abrazar a miña corres, Chloé. As familias acolléronos moi ben, fixéronos sentir como un membro mais da familia. Acudimos a unha festa de benvida e outra de despedida na que cantamos unha canción de Zaz , ademais algúns de nos, interpretamos unha pequena obra chamada " Madame Martin ".
Fixemos moitas visitas nas que aprendemos moito tanto do idioma coma da cultura francesa. Fomos a Toulouse onde percorremos a cidade nun tren turístico, visitamos o Capitole e o mercado de Víctor Hugo. Tamén visitamos Auch acompañados dos nosos amigos franceses onde estivemos nunha escola de hostalería na que aprendemos a cociñar algúns pratos franceses. Fomos á Cité de l´Espace onde aprendemos moito sobre os astronautas e mesmo nos sacamos unha foto cun foguete e visitamos unha estación espacial.
Foi unha experiencia única e inesquecible que recoméndolle a todo o mundo, na que aprendín moito e fixen moitos amigos. Eu xa estou desexando que a miña corres me visite de novo no verán !!
Paula Santalla Estévez, 3º A”
(Para ver as láminas fai clic aquí)