Visita de alumnos ao CIQUS de Santiago
Os alumnos de Bioloxía e Química de 2º de Bacharelato visitaron o CIQUS (Centro Singular de Investigación en Química Biolóxica e Materiais Moleculares) da Universidade de Santiago (USC), onde realizaron prácticas de laboratorio de síntese do ácido acetilsalicílico e paracetamol; visita guiada, con actividades engadidas, ao Museo de Historia Natural da USC e un percorrido artístico pola cidade de Santiago. Os alumnos estiveron acompañados dos profesores Mª Carmen Díaz Cabanas, Teresa Fraga Cisneros, Miguel García Rodríguez, Antonio Fondo Rodríguez e Pedro L. Rodríguez Porca.
Podes ver todas as fotos - e son 37- facendo clic neste enlace.