Intercambio co collège Irène Joliot-Curie de Fontenilles da rexión de Midi-Pyrénées (Francia)
A súa estadía representou un novo paso no estreitamento da amizade que nos une, despois de varios anos de colaboración.
Os nosos alumnos de 3º e 4º da ESO puideron acoller nos seus fogares aos amigos que viñan dende aló dos Pirineos a poñer en práctica tanto uns coma outros as linguas obxeto de estudo habitual. Sen esquecer, claro está, as referencias ás culturas que nos unen e separan.
Xa nos tarda o momento de achegarnos á súa terra, as conversas son continuas e todos facemos plans para entón. Que chegue axiña o mes de abril para irmos todos xuntos devolverlles a súa visita!
À bientôt, les amis!
(fai clic para ver en grande)
Actualización: Un enlace a fotos do intercambio nunha presentación con música.