O IES Plurilingüe Eusebio da Garda obtén a Carta Erasmus para Educación Superior
A Comisión Europea galardoa ao IES Plurilingüe “Eusebio da Guarda” coa
“Carta Erasmus para Educación Superior"
A Comisión Europea availou positivamente o proxecto elaborado polo departamento de Turismo e Programas Europeos outorgándolle ao noso Centro a “Carta Erasmus para Educación Superior”.
Este galardón faculta ao insituto para participar no programa Erasmus + ao longo do período 2014-2020, e supón un recoñecemento para ao traballo que o equipo do departamento de Turismo e Programas Europeos ven desenvolvendo neste eido.
Compre lembrar que nos últimos dez anos, grazas a estes programas, máis de oitenta alumnos de Ciclos Formativos puideron realizar estadías profesionais en empresas turísticas europeas co-financiados con becas da Comisión Europea.
Para obter máis información sobre este tema e ler o “Erasmus Policy Statement”, clicar AQUÍ.