OLIMPÍADA MATEMÁTICA
O pasado venres 19 de Xaneiro, celebrouse na Facultade de Matemáticas da USC en Santiago de Compostela, a proba da Olimpíada Matemática Galega, como fase local da LX Olimpíada Matemática Española.
Nestas probas, organizadas pola Asociación Eduardo García-Rodeja Fernández, selecciónanse ata 3 estudantes para representaren a Galicia na Fase Nacional da Olimpíada Matemática Española convocada pola Real Sociedade Matemática Española, e consisten en dúas sesións dunha duración de tres horas e media, para resolver tres problemas en cada unha delas.
O obxectivo fundamental é estimular o estudio das matemáticas descubríndoas fóra dos ríxidos temarios curriculares e dos chamados exercicios tipo, en definitiva, desenvolver o gusto pola resolución de problemas.
Nesta proba ven de participar o noso alumnado (acompañados do profesor preparador o Catedrático de Matemáticas Luis Javier Rodríguez González): Nicolás Alonso Álvarez (3º ESO D), Vega Armada Santos (2º Bach. C), Juan Brandariz Castro (2º Bach. B), Manuel Carrasco Vieito (2º Bach. B), Jorge Estévez de Carrillo (2º Bach. C), Xosé González Prego (4º E.S.O. A), Sofía Martínez Diz-Lois (2º Bach. B), Jacobo Montero Naranjo (2º Bach. C), Elena Pernas Sancosmed (2º Bach. B), Ana Saz Varela (2º Bach. C), e Eva María Vázquez Lozano (2º Bach. B).
Finalizada a proba e a corrección, aos alumnos Xosé González Prego e Jorge Estévez de Carrillo acadaron dúas merecidas Mencións de Honra.
Parabéns aos premiados, e agradecemento a todas e todos os alumnos que con esforzo asistiron ás sesións de preparación e participaron neste certame, e parabéns tamen ao seu profesorado.