Un alumno do centro gañador do XXVIII Concurso Canguro Matemático
O alumno de 2º ESO Nicolás Alonso Álvarez levou o primeiro premio no XXVIII Concurso Canguro Matemático. O concurso Canguro Matemático está organizado pola Federación Española de Sociedades de Profesores de Matemáticas (FESPM) dentro da convocatoria que a nivel internacional realiza a Asociación Kanmgorou Sans Frontières (AKSF). Nicolás competiu con máis de 3500 estudantes de 2º ESO de toda España e conseguiu o primeiro posto.
Noraboa ao alumno, aos seus familiares e ao profesorado. A entrega de premios será o 27 de maio ás 10:30 horas na Facultade de Dereito da Universidade de Valladolid
https://canguromat.es/resultados-y-premios/