"Teatro clásico : Medea no Teatro Colón"
O martes 28 de febreiro o alumnado de Latín de 4º ESO e Bacharelato asistiu á representación da traxedia de Eurípides Medea, a cargo da compañía Noite Bohemia dentro do circuito de teatro clásico organizado pola Sociedade de Estudios Clásicos (SEEC Galicia).
O alumnado disfrutou dunha emocionante e intensa Medea, protagonizada pola ex alumna de Humanidades Martina Lobo , quen demostrou o efecto catártico da traxedia grega e que os clásicos están máis vixentes que nunca no noso mundo. A actividade foi organizada polo Departamento de Latín e os alumnos foron acompañados polos profesores Mª Luisa Prado, José Luis Gundín e Belén González.