Skip to Content

    erasmus  stembach

av  plan d

proxectos

anpa1

Alumnado das Escolas Embaixadoras do Parlamento Europeo: Webinar 15 de xuño 2022 Proxecto TAEUS

15 de xuño de 2022

Alumnado das Escolas Embaixadoras do Parlamento Europeo: Webinar 15 de  xuño 2022 Proxecto TAEUS

O alumnado do programa Escolas Embaixadoras do Parlamento Europeo asistiu á  webinar final do Proxecto  TAEUS organizada polo equipo de  Ingalicia, na que puideron facer preguntas a representantes da Comisión Europea  DG-Rexio,  Injuve, ás responsables de Relacións Públicas do Parlamento Europeo en España e de  Eurodesk  Brussels  Link.Ademais presentaron o resultado das súas investigacións, compartiron as súas experiencias e participaron xunto aos outros nove equipos de toda España nun debate sobre temas de actualidade :  medioambiente, inclusión, diversidade e participación xuvenil.

Tamén aproveitaron a xornada para recoller os seus diplomas como membros participantes do programa durante o curso 2020-2021 e facer a foto de equipo, que por diferentes motivos quedara aprazada, e que serve de despedida deste ano 2021-2022, no que fomos Escola Mentora do Parlamento Europeo.



blog | by Dr. Radut