Skip to Content

Escolares

No rocódromo de Riazor

O alumnado do primeiro ciclo da ESO acudiu durante todo este mes ao rocódromo do Pavillón dos deportes de Riazor nunha actividade organizada polo Departamento de Educación Física e sufragada en parte polo Concello da Coruña. O alumnado de 1º, 2º e 3º de ESO practicou durante hora e media a escalada e desfrutou co premio da perspectiva que dan vinte metros de parede vertical despois de facer o esforzo de ascendela a forza de brazos. Esta rapazada de hoxe pode con todo!

1º de ESO

roco-01roco-03roco-04
roco-05roco-06roco-09

2º e 3º de ESO

Rocódromo3Rocódromo4Rocódromo6
Rocódromo1Rocódromo2Rocódromo5

Charla de Gemma Rojo

Charla de Gemma Rojo sobre "Mulleres científicas"

     O pasado mércores día 28 de febreiro acudiu ao noso centro Gemma Rojo, profesora dos graos de Enxeñería Civil e Arquitectura Técnica da Universidade da Coruña para impartir unha charla sobre as mulleres na ciencia e particularmente no ámbito da construción e da enxeñería. O alumnado de 3º e 4º de ESO escoitou con interese a súa ponencia, que se vincula á celebración do día da muller traballodora o vindeiro 8 de marzo.

Gemma RojoGemma Rojo

O día de Rosalía no CEIP Alborada

Rosalía

Día de Rosalía de Castro (24 de febreiro)

     Dentro das iniciativas da Asociación de Escritoras e Escritores en Lingua Galega (AELG) para fomentar a lectura, atópase a conmemoración do nacemento da nosa poeta máis recoñecida, Rosalía de Castro.  Para celebrar este día especial das nosas letras, o profesorado do Departamento de lingua galega propuxo diversas actividades creativas e lúdicas en colaboración co centro CEIP Alborada. Así, parte do alumnado de 3º de ESO do noso centro, acudiu ao noso centro veciño para compartir cos rapaces de primaria unha xornada adicada aos textos da autora compostelá. Entre as actividades, o alumnado da ESO explicou aos nenos de primaria a importancia de Rosalía e as propostas da AEELG para celebrar o seu día. Deixouse aos rapaces un deseño da autora para que o pintasen e como agasallo, unha flor de papel a cada neno. Despois, realizouse unha lectura poética e todo o alumnado de secundaria e primaria participante cantou un poema de Cantares gallegos. Os deseños pintados polos rapaces foron colocados nas fiestras do colexio, tal e como podemos ver nestas fotos.

Rosalia1CantaresRosalia2
Rosalia3Rosalia4Rosalia5

     A bo seguro que todos pasaron un bo rato coa nosa principal poeta romántica. A nosa compañeira do Departamento de lingua galega Patricia Varela compartiu connosco á presentación didáctica que podemos consultar neste enlace e o vídeo que resume a xornada.

 

Visita do alumnado do IES Elviña a GADISA

     O luns 5 de febreiro o alumnado de Economía de 4º ESO, 1º e 2º BAC visitaron as instalacións da planta loxística de Gadisa en Betanzos. A maior empresa de distribución de alimentos da nosa comunidade.
      Fomos atendidos por Antía Fernández, do departamento de márketing da empresa, quen, logo de explicarnos as principais características da mesma, guiounos polas instalacións e almacéns, no medio dunha frenética actividade de carga e descarga de produtos.

GADIS

CELEBRACIÓN DO DÍA DA PAZ NO IES ELVIÑA

O CEIP Salgado Torres e o IES Elviña na Xornada mundial da Paz

Paloma    Nun tempo tan adoecido por guerras sanguentas e conflitos bélicos, só aparentemente lonxanos de nós, que os vivimos na distancia das pantallas televisivas e das páxinas dos xornais, a celebración do Día escolar da non violencia e da Paz cos rapaces e rapazas do barrio de Elviña ven tinguida da triste cor da esperanza.

     Unha vez máis, desde o IES Elviña, quixemos facer dunha celebración internacional a oportunidade para irmandar ao noso alumnado co alumnado dalgún dos nosos centros de primaria veciños. Tocoulle turno ao alumnado de 6º de Primaria do CEIP Salgado Torres, que fixo unha visita ao noso centro, de primeiras, para celebrar connosco a Xornada da Paz, e, de segundas, para botar ollo ás dependencias do instituto que, para moitos deles, será o seu centro de estudos a partir do próximo curso.

 Pombas-01 Pombas-02
 Pombas nas árbores do xardín Pombas nas árbores do xardín

      A parte máis importante da celebración tivo lugar no patio interior do edificio. Alí, os tres grupos de 1º de ESO e os nosos convidados colgaron pombas de papel nas árbores do xardín botánico e cantaron xuntos dous clásicos musicais deste día, que falan de solidaridade e perdón (Color esperanza de Diego Torres e No dudaría de Antonio Flores). Agradecemento cordial ao noso compañeiro Iñaki Tomás, que puxo a banda sonora no cálido son da súa guitarra.
     Tras disto, alumnado e profesorado compuxeron no chan a palabra PAZ en humanas letras maiúsculas e soltouse ao ar unha chea de globos brancos. Perdidos no ceo de inverno -marabillosamente azul para esta ocasión-, os globos levaron polo vento de xaneiro a súa mensaxe de irmandade.

Que chegue ben lonxe!

globos-01Canción
Globos no ceo de invernoO alumnado cantando

Velaquí o vídeo da xornada.

Distribuir contido


by Dr. Radut