Skip to Content

Escolares

SAMAÍN, 2018

araña

 

 

Títulocaveira

Samaín

     Cando a xornada comeza, aínda entre as abafantes néboas da mañá, van chegando os rapaces á sinistra biblioteca do IES Elviña (as teas das arañas e as persianas baixadas dan conta do abandono do lugar). En fin, que se unha biblioteca xa é de seu arrepiante no noso país, imaxínense vostedes o sentimento de afogo e terror no día dos defuntos...
    Grazas á colaboración dos diversos departamentos, o espazo puido engalanarse para tan fúnebre ocasión: testemuñas tácitas os esqueletes que saíron dos armarios para escoitar as historias de aparecidos e asasinatos que leron os rapaces (Esconxurados quedaron sapos, demos, cabras e bruxas!). En fin, que chegou o Samaín e foise un ano máis, sen que o sangue chegase ao río... pero si ao fío cortante dos coitelos e dos vampirescos cabeiros que luciron as pantasmas voadizas que percorrían os pasadizos do castelo, quero dicir, os andares do instituto...

040708
050109
1013

DÍA MUNDIAL DO CANCRO DE MAMA

 03CONMEMORACIÓN DO DÍA CONTRA O CANCRO DE MAMA NO IES ELVIÑA

  O pasado día 19 de Outubro conmemorouse o Día Mundial do Cancro de Mama. A comunidade do IES Elviña, a través das actividades da Biblioteca escolar e da súa responsable Alba Lorenzo, sensible a esta triste enfermidade adicou un tempo para que o alumnado de varios cursos fixese uns traballos de creación alusivos á xornada. Desde o IES Elviña, unha solidaria e afectuosa mensaxe de ánimo e esperanza de curación para todas as mulleres que sofren as consecuencias desta terrible dolencia.

011005
0206
040508

CONCERTO DIDÁCTICO

     Como xa comezamos o curso, xa comezan as actividades didácticas (pois claro!). A semana pasada, a nosa compañeira Alba, encargada da Biblioteca a partir deste curso, acompañou ao alumnado de 1º de ESO para presentar aos rapaces o espazo dos libros no centro dun xeito lúdico. E o venres día 5 de outubro inaugurouse o salón de actos neste curso cun concerto do guitarrista arxentino Augusto Gabriel Ayala. O concerto, cortesía da asociación Pórtico das artes, tiña como base o traballo cos ritmos da América latina (chamamé, tango, chacarera, zamba...). O alumnado desfrutou dunha hora de concerto entre palmas rítmicas e comentarios didácticos do músico.

Ayala01Ayala02

 Augusto Gabriel Ayala. Datos biográficos e profesionais

     Guitarrista nado na cidade de Concordia (Entre Ríos, Arxentina) o 4 de outubro de 1998. Nela comezou a tocar desde idade moi temperá. Tivo como primeiro mestre ao seu pai, que lle contaxiou a súa paixón pola música.
     Participa habitualmente en festivais prestixiosos, tal Guitarras do mundo, festivais de tango independente e o Ciclo de Música do Litoral, ademais doutras actividades en centros culturais e teatros de toda Arxentina.
     Ten gravacións no sello discográfico Epsa Music como solista de guitarra. Asimesmo, a súa actividade como concertista é moi variada en moi diversos lugares do mundo (Brasil, España, Turquía e Francia, entre outros).
     Mostra da súa actividade e da súa calidade como intérprete este vídeo da súa canle de Youtube.

25 de MAIO: DÍA DO DEPORTE

     O pasado venres día 25 de maio celebrouse no IES Elviña o día do deporte. O alumnado de 1º de Bacharelato preparou unha xincana para os demais grupos do centro. Despois, con muiñeira incluída, os diversos grupos do instituto participaron nas actividades deportivas preparadas polos sufridos profes de Educación física (Grazie a loro!).
     En fin, aí está o vídeo da xornada editado por Carlochos para toda a comunidade de Elviña.

ALUMNADO NO PROGRAMA "YOUNG BUSINESS TALENTS"

Diploma

     Os alumnos de economía 4º e 1º Bacharelato estiveron de novembro a marzo participando no Programa Young Business Talents, simulador empresarial que permite practicar a toma de decisións dentro dunha empresa, mediante unha competición a nivel nacional.
      Todos os equipos do IES Plurilingüe Elviña chegaron ás semifinais, acadando algúns deles moi boas posicións. O equipo formado por Julia e Ainhoa (4ºB) foi o mellor clasificado. Na imaxe, o diploma acreditativo.

Distribuir contido


by Dr. Radut