Skip to Content

CELEBRACIÓN DO DÍA DA PAZ NO IES ELVIÑA

O CEIP Salgado Torres e o IES Elviña na Xornada mundial da Paz

Paloma    Nun tempo tan adoecido por guerras sanguentas e conflitos bélicos, só aparentemente lonxanos de nós, que os vivimos na distancia das pantallas televisivas e das páxinas dos xornais, a celebración do Día escolar da non violencia e da Paz cos rapaces e rapazas do barrio de Elviña ven tinguida da triste cor da esperanza.

     Unha vez máis, desde o IES Elviña, quixemos facer dunha celebración internacional a oportunidade para irmandar ao noso alumnado co alumnado dalgún dos nosos centros de primaria veciños. Tocoulle turno ao alumnado de 6º de Primaria do CEIP Salgado Torres, que fixo unha visita ao noso centro, de primeiras, para celebrar connosco a Xornada da Paz, e, de segundas, para botar ollo ás dependencias do instituto que, para moitos deles, será o seu centro de estudos a partir do próximo curso.

 Pombas-01 Pombas-02
 Pombas nas árbores do xardín Pombas nas árbores do xardín

      A parte máis importante da celebración tivo lugar no patio interior do edificio. Alí, os tres grupos de 1º de ESO e os nosos convidados colgaron pombas de papel nas árbores do xardín botánico e cantaron xuntos dous clásicos musicais deste día, que falan de solidaridade e perdón (Color esperanza de Diego Torres e No dudaría de Antonio Flores). Agradecemento cordial ao noso compañeiro Iñaki Tomás, que puxo a banda sonora no cálido son da súa guitarra.
     Tras disto, alumnado e profesorado compuxeron no chan a palabra PAZ en humanas letras maiúsculas e soltouse ao ar unha chea de globos brancos. Perdidos no ceo de inverno -marabillosamente azul para esta ocasión-, os globos levaron polo vento de xaneiro a súa mensaxe de irmandade.

Que chegue ben lonxe!

globos-01Canción
Globos no ceo de invernoO alumnado cantando

Velaquí o vídeo da xornada.



page | by Dr. Radut