Skip to Content

Escolares

VELA NO REAL CLUB NÁUTICO

     O pasado venres día 11 de maio o alumnado de 2º de ESO participou nunha actividade sobre práctica de vela no Real Club Náutico da cidade. Alá foron na boa compaña do profesorado de Educación física a embarcarse cos monitores do Club e vivir unhas horas de paixón navieira. Os rapaces disfrutaron da actividade, déronse un fermoso remollón e pasaron frío dabondo: foi unha xornada completiña.

vela-01vela-02vela-03vela-04
vela-05vela-06vela-09vela-07

DÍA DA CIENCIA NA RÚA, 2018 (e II)

     O sábado día 5 de maio, tal e como xa comentábamos en post anterior, celebrouse na nosa cidade a Xornada da Ciencia na rúa organizada pola Casa das Ciencias no Parque de Santa Margarita. O alumnado e profesorado do IES Plurilingüe Elviña participou no evento. Engadimos agora a galería fotográfica. Aí están os nosos alumnos e alumnas de 1º divertíndose no parque. O próximo ano, máis.

ciencia-1IES PLURILINGÜE ELVIÑACiencia-2
 Ciencia-3logoCiencia-4 
IMAG-25 Ciencia-5 IMAG-26
 Ciencia-6DÍACiencia-7 
Ciencia-8DA CIENCIA NA RÚA (2018)Ciencia-9

XOGOS TRADICIONAIS

UNHA VIAXE AOS XOGOS DO PASADO

LogoXogos-01Xogos-02
Xogos-11Xogos-03Xogos-09º


"Oes, e que fan eses rapaces alí?"

"Non o sei, aí no patio do insti estarán no recreo pasándoo pipa, digo eu."
"Que va! Están a xogar á petanca!! E que ben lle dan! Sonche uns maestros estes rapaces!"
"Naturaca! Eses danlle ben a todo! Non che digo! Son do Instituto de Elviña...!"


     E que fai o alumnado do IES Plurilingüe Elviña xogando á petanca, ás "chapas", ao aro, á mariola, en fin, como quen di aos xogos dos avós. Deulles un aire? Caeron na tolicie?  Non tal! Isto de darlle unha volta aos xogos do pasado son cousas de Paula, a nosa profe de Educación física, farta de que o alumnado só saiba entreterse cos móbiles e coa leria esa da tecnoloxía (esas cousas do demo...). Por iso, adicará unhas semanas a traballar coa rapazada de 4º e de 1º de Bacharelato este tipo de xogos, que, aínda que non o pareza, combinan capacidades moi diversas, habilidade, intelixencia e coordinación física. Vaia, que non serán deportes olímpicos, pero esixen o seu. Dirano os nenos, que teñen que crear un xogo propio remedando os do pasado, e que levarán as súas creacións á celebración da Xornada do deporte o vindeiro 25 de maio.

"Ben, e agora, onde imos?"
"Ti non sei, eu correndo á Federación Galega de Petanca, a facerme socio. Eses nenos déronme envexa."
"Ei! Non corras tanto, ho! Agarda, que eu tamén vou!"

ENSAIOS DA SINFÓNICA

O alumnado de 2º de ESO A foi este xoves día 12 a un dos ensaios públicos que a OSGA celebra mensualmente. Nesta ocasión ofreceuse como programa a Sinfonía 36 Kv 425 de Wolgang Amadeo Mozart. Programa clásico que o alumnado gozou con atención. Foron acompañados pola profesora de música Gemma López.

Concerto

MÚSICA CLÁSICA: ENSAIOS DA SINFÓNICA

Ensaios-07Wagner e o IES Elviña

O pasado venres día 16 de marzo, o alumnado de música de 4º de ESO acudiu, como ven sendo tradición, aos ensaios públicos dados pola Orquesta Sinfónica de Galicia. Nesta ocasión a orquesta estivo dirixida polo prestixioso director barcelonés Josep Pons, quen ofreceu ao alumnado dos centros coruñeses un programa de obras de Richard Wagner, o revolucionario operista alemán do século XIX. O alumnado foi ao Palacio da Ópera acompañado pola nosa benquerida compañeira Gemma López e pasaron un bo rato coa música do xenio de Leipzig.

Ensaios-01Ensaios-03
Ensaios-04
Distribuir contido


by Dr. Radut