Skip to Content

Viaxe a Grecia 2019

      O alumnado de Grego de Bacharelato do noso centro, acompañado pola súa profesora, visitamos a Hélade na semana de Antroido nunha viaxe organizada pola SEEC de Galicia. Percorremos a sorprendente Atenas e o multiforme Peloponeso: o canle de Corinto, Micenas rica en ouro, Epidauro como centro terapéutico de Asclepio, Mesenia a sempiterna rival de Esparta, Pilos e o pazo de Néstor, Olimpia orixe dos xogos, Delfos e o seu oráculo...

Seguinco as pegadas dos antigos gregos clarificamos o noso mundo. Nesta viaxe polo berce da nosa civilización guiounos a luz do noso magnífico Hermes particular chamado Lefteris.

Rapazas e rapaces interactuaron no "eclesiasterion" de Mesenia coa lectura de poemas de Tirteo e de Pondal nun magnífico día case de primavera. Aprendemos e desfrutamos moito. Quedamos deslumbrados na nosa peregrinación pola beleza. Queda aquí unha mínima mostra gráfica...

Álbum: Actividades -> Viaxe a Grecia 2019

100 días de curso

Celebrando o centésimo día do curso

Polo visto pasamos o ecuador (Tempus fugit atque ruit, et "Panta rea") e nin nos deramos conta! É un dicir, claro: no subconsciente colectivo tíñano todos moi presente. Tanto, que a algunha ánima menesterosa ocurriúselle celebralo cun "photocall" de andar pola casa, iso sí, que o presuposto non da para máis alegrías... 

Álbum: Actividades -> 100 días do curso 2018-19

ACTIVIDADES DE FEBREIRO E MARZO

2º de ESO na "Cidade medieval"

Continuamos coas visitas educativas relacionadas con diversos temas do currículo. Neste caso o alumnado de 2º de ESO percorreu a cidade vella coruñesa para estudar in situ as características do mundo medieval. Foron acompañados por Alberto Alonso, noso profesor de Xeografía e Historia. Aí temos as fotos do alumnado (e da cidade):

010203
04

Actividade
"A cidade medieval"

05

 

3º de ESO nun Concerto da sinfónica

Estes foron días para 3º de ESO. Aquí os vemos coa profesora de música asistindo a un novo ensaio da Orquestra sinfónica de Galicia. As regalías da foto correspóndenlle á inconmensurable Janna Karatas.

366

 

Tamén celebramos o Día do amoooor (videlicet "O Santo Vai Lentiño"), cangado de purpúreos caraveis. Pero diso non imos poñer foto (que as hai, e moi boas), por aquilo de non dar envexa (ou non sentila, cadaquén escolla).

BOLSAS DO CONCELLO: IDIOMAS DO MUNDO

Idiomas del mundo

Infórmase de que do 8 ao 29 de marzo ábrese o prazo de inscrición para o Programa do Concello da Coruña Idiomas do Mundo 2019.  

Este programa ofrece a oportunidade ao alumnado de 4º da ESO e 1º de Bacharelato, de realizar unha actividade de inmersión lingüística de catro semanas durante o mes de xullo de 2019 en inglés, portugués, francés ou alemán, en diversas cidades de Europa.

O prazo de presentación de solicitudes será do 8 ao 29 de marzo de 2019 ás 14:00h.

Para todos os interesados haberá unha reunión informativaxoves 7 de marzo ás 19:00h no Fórum Metropolitano (Parque Europa).

Toda a información está dispoñible na páxina web do servizo de educación do Concello (enlace)

SAÍDAS DO MES DE FEBREIRO

4º ESO no PAZO DA ÓPERA

O alumnado de 4º ESO acudiu o pasado xoves 21 de febreiro ao Pazo da Ópera da cidade para escoitar a 7ª do xenial xordo de Bonn, aquela que Wagner chamou apoteose da danza. Non sabemos se danzaron moito os nosos rapaces (coa imaxinación, claro), pero, segundo asegura o profesorado acompañante, desfrutaron arreo e deron exemplo de "público entendido". Noraboa. Ah! A velada estivo "dirixida" (é un dicir) por David Grimal ao frente da Sinfónica de Galicia.

Concerto 4º ESO

3º ESO de visita no PORTO DA CIDADE

O pasado día 15 de febreiro, emulando ao alumnado de 1º de ESO, os rapaces de 3º ESO acudiron á visita das instalacións do Porto da cidade. Desta vez houbo máis peixe. Velaí o álbume de fotos:

Álbum: Actividades -> Visita ao Porto da Coruña 2019
Distribuir contido


by Dr. Radut