Infórmase de que do 8 ao 29 de marzo ábrese o prazo de inscrición para o Programa do Concello da Coruña Idiomas do Mundo 2019.
Este programa ofrece a oportunidade ao alumnado de 4º da ESO e 1º de Bacharelato, de realizar unha actividade de inmersión lingüística de catro semanas durante o mes de xullo de 2019 en inglés, portugués, francés ou alemán, en diversas cidades de Europa.
O prazo de presentación de solicitudes será do 8 ao 29 de marzo de 2019 ás 14:00h.
Para todos os interesados haberá unha reunión informativa o xoves 7 de marzo ás 19:00h no Fórum Metropolitano (Parque Europa).
Toda a información está dispoñible na páxina web do servizo de educación do Concello (enlace)