QUERES ESTUDAR FP O CURSO QUE VÉN?
MIRA AQUÍ A OFERTA EDUCATIVA NA COMARCA DE BERGANTIÑOS E AQUÍ ESPECIFICAMENTE A DO NOSO IES.
|
Quen non se sentiu algunha vez atraído polo ceo nocturno? Seguro que a maioría de nós quixo algunha vez aprender algo sobre todos eses obxectos que nos rodean. Pois como por algo hai que empezar, que tal se seguides a Richard Corfield que neste libro nos presenta aos compañeiros celestes máis próximos a nós, os compoñentes do Sistema Solar. Con esta lectura poderás realizar unha viaxe pola historia da exploración espacial ao tempo que descobres os segredos do Sol e dos planetas.
|
|
Outra vez Darwin. Vai ser que este tipo foi importante. A teoría da evolución biolóxica avanzou moito dende hai 150 anos pero el sigue sendo protagonista. Quercus aporta un punto de vista diferente, son os nosos científicos os que falan de Darwin, das súas aportación, da forma na que aterrou nos círculos científicos españois e incluso das críticas que se poden facer ao paradigma dominante hoxe. Coma sempre a revista se completa con temas de actualidad no ámbito da conservación da natureza en España. |
Subirías a un barco para estar tres anos dando a volta ao mundo mentres fas compañía a un excéntrico capitan? Eso foi o que fixo Charles Darwin con apenas vinte anos e unha capacidade para o mareo que non perdeu en todo o tempo de singladura. Durante a viaxe aproveitou para facer turismo, criticar aos colonizadores e albiscar unha teoría que, unha vez conformada, ocasionou e sigue ocasionando máis dunha dor de cabeza. Nun dos seus libros máis entretidos, A viaxe dun naturalista ao redor do mundo, cóntanos cómo foi esa viaxe que lle provocou unhas ganas tremendas de non volver a saír nunca máis de casa. Cúmprense 150 anos da publicación dun dos libros máis influíntes na historia da Bioloxía: A orixe das especies. Neste libro Charles Darwin aportaba innumerables probas da súa teoría da evolución a través da selección natural, esa idea tan problemática da que falábamos antes. Esta teoría foi compretándose e mesmo modificándose ao longo do último século e medio para dar lugar á actual Teoría Sintética da Evolución. Un panorama máis completo e coherente dos mecanismos polos que se produce a evolución de todos os seres vivos. Se queres saber máis deste tema tes moitas opcións pero, como por algo hai que empezar, dende aquí propoñémosche dúas: ler o artigo de National Geographic que tes á túa disposición na biblioteca ou ver un video que é menos cansado. Unha vez elixido so tes que pinchar.
|