La vida de los planetas

 
Quen non se sentiu algunha vez atraído polo ceo nocturno? Seguro que a maioría de nós quixo algunha vez aprender algo sobre todos eses obxectos que nos rodean. Pois como por algo hai que empezar, que tal se seguides a  Richard Corfield que neste libro nos presenta aos compañeiros celestes máis próximos a nós, os compoñentes do Sistema Solar. Con esta lectura poderás realizar unha viaxe pola historia da exploración espacial ao tempo que descobres os segredos do Sol e dos planetas.