QUERES ESTUDAR FP O CURSO QUE VÉN?
MIRA AQUÍ A OFERTA EDUCATIVA NA COMARCA DE BERGANTIÑOS E AQUÍ ESPECIFICAMENTE A DO NOSO IES.
Cada vez son máis frecuentes os delitos denominados "ciberpesca ou phishing", delitos informáticos dos que podemos protexernos. No número de marzo de Investigación y Ciencia tendes algunhas formas de diferenciar os cebos que buscan roubarnos información confidencial: números de seguridade, datos bancarios,... E xa que estamos, tamén tes interesantes artigos sobre impactos de asteroides, enfermidade tropicais ou a posibilidade de vida noutros universos, se existisen claro. |
Sostén Jacques Monod que a vida evoluciona tanto polo azar como pola necesidade ¿E a vontade dos individuos? Os seres humáns somos sorpresivos e sorprendentes namentres os astrónomos persiguen órbitas de vida (os "límites do vermello"); nos catrocentos exoplanetas descubertos ata agora, os monxes ortodoxos arrédanse do mundo nese anzol pedraguento (Como a "cidade de los pináculos dos lemures malgaches) que se chama Península de Athos,enchendo de viño as órbitas baleiras dos cranios dos seus compañeiros mortos ou, como din eles, "dixerindo a morte". Así, uns anceian descubrir novos mundos; outros considéranse mortes neste Achegádevos ao exemplar de decembro de National geographic e comparade estas dúas visións/vivencias...¿Mirade que haille que sacar brillo aos pufs da biblio! |
(kruif, paul de Cazadores de microbios
A mellor historia do nacemento da microbioloxía, ou non. Especialmente dedicado aos alumnos de Ciencias para o Mundo Contemporáneo.
Investigación y Ciencia é a versión española de Scientific American e ofrece información sobre os avances científicos e técnicos en todo o mundo.
|